lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Escenificación do conto "O homiño de papel" para nenos de infantil:
O homiño de papel de periódico só ten escrito traxedias e catástrofes, os nenos cando o escoitan póñense moi tristes...ocórreselle meterse na lavadora e sae branquiño coma a neve...
 
...os nenos xogan con el, pero cando lles quere contar cousas non ten nada escrito, está valeiro de todo e da súa boca non sae nin media palabra....

 

 O homiño vai polo campo e pola natureza do arredor e empápase de cores, flores e palabras bonitas, énchese de ledicia porque ve aos nenos cheos de alegría tamén. Dende ese día fai chover polo mundo ilusión e paz...



E mirade que bonitiño deixaron os cativos
 de 3 anos o seu homiño de papel.



Os nenos de 4 anos tamén  escoitaron o conto escenificado polos de 4º de primaria...
 

 

Rapaces de 5 anos fixeron bonecos de papel despois de escoitar o conto...
Os de 1º de Primaria estiveron moi atentos ás aventuras do homiño de papel...
 
Por último, os voluntarios de 6º rematan a semana escenificando "O homiño de papel" para os rapaces de 2º de primaria...
 






martes, 24 de enero de 2017

PROPOSTAS PARA O DÍA DA PAZ: O HOMIÑO DE PAPEL E GLORIA FUERTES

Dende a biblioteca propoñemos as seguintes actividades para celebrar o día da paz o próximo luns 30 de xaneiro...


➤Rapaces de Primaria contarán e escenificarán o conto "O homiño de papel" aos nenos e nenas de InfantilLogo, axudarán aos peques a encher ao homiño de cousas e cores fermosas.
    ⧫ Aquí tedes o conto en galego e en castelán...

    ⧫ E unha guía de lectura con moitas actividades para descargar...GUÍA DE LECTURA: O HOMIÑO DE PAPEL.
 Nunha das actividades da guía aparece o fermoso poema "Paisaxe" de Gloria Fuertes, podedes seguir as súas indicacións para facer un debuxo cheo de cousiñas bonitas para o noso homiño de papel.

 ⧫ Para os maiores propoñemos celebrar o centenario de Gloria Fuertes coa lectura dos seus poemas relacionados coa paz e non violencia...
Deixamos o enlace á fundación que leva o seu nome onde podedes atopar moitos recursos sobre a súa vida e obra...
                  http://www.gloriafuertes.org/







  
  


lunes, 23 de enero de 2017

CONTOS CON SENTIDOS

En xaneiro retomamos a sesión de contacontos con moitos sentidiños...

➤Co tapiz feito con la natural, rapaces de primaria contan "A xiganta e as fadas"...un conto diseñado para nenos cegos onde pódense tocar distintas texturas como pedras, coiro, globos, teas e a propia la tecida de diferente xeito. Tamén están incorporados olores, pois nos saquiños das fadas hai tomillo (na fada da árbore) e romero (na fada da nube). E nas variñas máxicas incorpóranse os sons diferentes dos cascabeis...
A xiganta é unha boneca incorporada no propio tapiz, pódeselle peitear o cabelo de la ou atar as botas de coiro. As fadas son bonecos de la e fieltro que levan velcro cosido pola parte de atrás de xeito que pódense colocar por calquera parte do tapiz...


 


➤Outro conto con sentidos..."A casa seta". Tamén feito con la.



Agora os protagonistas son dous trasnos que viven entre piñeiros e eucaliptos nunha seta...


 
Os rapaces xogan co tapiz e colocan os trasnos onde queren...
 



Tamén aproveitamos para felicitar a Uxía Díaz Vieites, de 5 anos, a gañadora do concurso de mascota para a nosa biblioteca:"SOÑOS"


                Parabens Uxía!!!





CASTELAO E O MAR

Unha das actividades do Proxecto Terra, adicado este curso ao barrio de Ferrol Vello, consiste en interpretar pinturas e debuxos de Castelao relacionados co mar...
Rapaces de 3º e 4º, na biblioteca, visualizan a súa obra, diseñan  marcapáxinas  e interpretan, tanto de forma plástica, como escrita, algunhas das súas obras: "O neno do piñeiro" e "Vento mareiro"...
 
Que está a ollar o neno? ...

 

 

 

 

 

 


martes, 10 de enero de 2017

NOVAS DENDE A BIBLIOTECA DO CONCELLO


Ferrol, 10 de xaneiro de 2016

A Biblioteca Municipal de Ferrol comprácese en informalo/a sobre a conferencia "A lencería do cosmos" que, dentro do I Ciclo de charlas sobre Divulgación científica: Imos Contar Ciencia, se vai celebrar o próximo xoves día 12 de xaneiro ás 19.30 h. na Sala Audiovisual (3º andar), a cargo do Doctor en Física José Edelstein.

Agardamos que a información sexa do seu interese.

Reciba un cordial saúdo.


martes, 13 de diciembre de 2016

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2016

Non esquezades pedir un libro este Nadal.
Aquí tedes esta guía con recomendacións e suxerencias para estas datas...


Unha das lecturas recomendadas para Infantil a podedes ollar e escoitar neste videoconto en castelán,,,El monstruo de colores


    Dende o equipo da biblioteca os desexamos...FELIZ 2017  




jueves, 1 de diciembre de 2016

NOVAS DENDE A BIBLIOTECA DO CONCELLO

         CONCURSO DE CARTAS DE REIS MAGOS        

Xa están no noso centro uns exemplares das cartas e das bases da nova convocatoria  do Concurso  de cartas de Reis Magos. Este  concurso de cartas de reis está dirixido  aos nenos e  nenas de educación infantil e 1ª e 2ª ciclo de educación primaria que se  canalizará a través dos centros de ensino, a Casa do Concello e a Biblioteca municipal.

Dende a Biblioteca Municipal informannos de que, con motivo da chegada do Nadal, realizarase un obradoiro, totalmente gratuito, no que se elaborarán distintos adornos para decorar a árbore da Biblioteca.
O obradoiro terá lugar o luns 5 de decembro ás 18.00 h. e poderán participar as nenas e os nenos a partir de 4 anos, previa inscrición. Para iso deberán apuntarse a partir do día 1 de decembro no mostrador da planta baixa ou chamar ao teléfono: 981 944 182.
Agardamos que a información sexa do seu interese.