sábado, 12 de noviembre de 2016

GALICIENCIA 2016



     Outro ano máis en Galiciencia...con moitísima ilusión!!!  
     
http://aulavalleciclo2.blogspot.com.es/2016/11/galiciencia-2016_8.html

http://www.galiciencia.com/

Noticia no Diario de Ferrol

Noticia na Voz de Galicia

       Moito ánimo aos nosos participantes...dende aquí iremos contando as novas noticias que dende a Tecnópole de Ourense aparezan...lembrade que comenza o mércores 16 ata o 18, por se queredes acercarvos persoalmente a esta interesantísima mostra de ciencia. 
Aquí tedes o enlace...https://www.tecnopole.es/es/galiciencia

PRIMEIRA NOVA: 

Convídannos a gozar en directo, dende a nosa localidade, dunha sesión de vídeo streaming (retransmisión simultánea online) do espectáculo científico "As matemáticas" que terá lugar o xoves día 18 de novembro de 11 a 12 horas......


Espectáculo sobre matemáticas con sesión de vídeo streaming o xoves 17 de novembro de 11:00 a 12:00h. 50 minutos. Público en xeral.
O espectáculo está enfocado dende unha dobre perspectiva. Por un lado, achegar algúns datos da historia das matemáticas e a súa evolución. Deberase ser consciente de que o avance do coñecemento científico está ligado ao desenvolvemento de novas ferramentas matemáticas. Por outro lado, presentarase a relación das matemáticas coa  vida cotiá. Así, descubriranse os seus vínculos coa  percepción da beleza, a base dos xogos de azar, a súa importancia na procura do amor ou a imposibilidade de dobrar infinitamente un papel.

O enfoque será eminentemente lúdico, intentando que a linguaxe e contidos poidan ser comprensibles para todo tipo de públicos. A intención é espertar nos asistentes a curiosidade polas matemáticas, mostrando a súa cara máis descoñecida.

 Podedes acceder pinchando en:   https://www.youtube.com/user/tecnopole


lunes, 7 de noviembre de 2016

RECURSOS WEB EN INGLÉS

Aquí tedes unha web cunha morea de recursos educativos en inglés para todas as idades...podedes ver vídeos, webs, cómics, libros dixitais.....








Nesta outra web podedes escoitar  "ecosons" relaxantes e curiosos...

Para os curiosos futuros xeólogos e meteorólogos....dende América en riguroso directo...
http://www.nhc.noaa.gov/   ..... seguemento de furacáns

Cámaras en directo dende tooooodo o mundo...para os megacuriosos!!...http://worldcam.eu/


                                            Have a good travel!    




domingo, 6 de noviembre de 2016

CÓMIC GALEGO - VIVIR NO SOLO

CÓMIC GALEGO SOBRE A NECESIDADE DE PROTEXER O SOLO.

Tradúcese a catro idiomas. O ano pasado a castelán e catalán, máis tarde a inglés e agora a italiano, co apoio da Sociedade Italiana da Ciencia do Solo.



...A miñoca e os veciños empezan a movilizarse a partir dunha proposta para construir unha vivenda nun val.
«Para estar orgullosos»
«Que unha obra de divulgación feita en Galicia e pensada para Galicia teña esta repercusión internacional é algo para sentirnos orgullosos», destaca Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega 
O texto da publicación é da escritora Marilar Aleixandre, bióloga de formación, e os debuxos do ilustrador Francisco Bueno.
O cómic deixa máis dun elemento para a reflexión, coma a que fai a miñoca protagonista: «Moita xente -dice- cre que é necesario salvar as baleas ou os carballos, pero non moverían un dedo polo solo. Como non chora!» 
       Aquí o tedes íntegro para votarlle unha ollada...VIVIR NO SOLO                              
                                               Que o disfrutedes!!!








jueves, 27 de octubre de 2016

24 de otubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

BIBLIOTECAS DO MUNDO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Biblioteca Abadía de Admont (Austria)

No Día das Bibliotecas, queremos visitar algunhas das bibliotecas máis impresionantes do mundo aínda que so sexa fotográficamente. Acompáñasnos?

Biblioteca Abadía Sant Gall (Suiza)
Biblioteca George Peabody, Baltimore (EEUU)
Biblioteca Interuniversitaria de A Sorbona, París (Francia)
Biblioteca do Mosteiro de O Escorial, Madrid (España)
Biblioteca do Pazo Nacional de Mafra (Portugal)
Biblioteca Pública de Nova York (EEUU)
Biblioteca Nacional da República Checa, Praga
Biblioteca Municipal de Stuttgart (Alemania)
Biblioteca do Trinity College, Dublín (Irlanda)

miércoles, 19 de octubre de 2016

O PAPAGAIO

                                  NOVO XORNAL
   Aparece un novo xornal en galego dirixido a alumnos de Primaria e Secundaria. Ten perioricidade mensual, 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
 Contén temas de actualidade, ciencia, tecnoloxía, arte, historia, etc...No tocante á sección de ciencia e tecnoloxía, está asesorado por científicos/as.
   O primeiro número xa está dispoñible na rede e o podedes ver pinchado aquí: O Papagaio


Este novo e interesante xornal está aberto á participación dos centros de ensino.



miércoles, 12 de octubre de 2016

BIBLIOTECA DE RECURSOS EDUCATIVOS

Neste enlace Biblioteca de Recursos Educativos  atoparedes unha morea de recursos que poden ser de interese para todos os membros da nosa comunidade educativa.

CHARLAS SOBRE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Remítovos o correo recibido dende a Biblioteca Municipal...

Ferrol, 11 de outubro de 2016

A Biblioteca Municipal de Ferrol comprácese en informalo/a sobre a conferencia "3 solucións inxeniosas a 3 retos tecnolóxicos marítimos actuais" que, dentro do I Ciclo de charlas sobre Divulgación científica: Imos Contar Ciencia, se vai celebrar o próximo xoves día 13 de outubro ás 19.30 h. na Sala Audiovisual (3º andar), a cargo deFernando Lago.
Agardamos que a información sexa do seu interese.

Reciba un cordial saúdo.