Eran as 9:30 horas e recibimos o aviso de que
Luís Soto xa estaba no noso cole.
Canta emoción! Iamos coñecer a un frautista! Non a calquera , senón a un dos compoñentes da Real Filharmonía de Galicia.
Hai que ver que sorte tivemos! Grazas a súa mestría, descubrimos o son dun instrumento agarimoso, de son doce e de apariencia fermosa.
Contounos Luís que a frauta coa que interpreta as obras relacionadas con Fina Casalderrey,
O xenio da Cidade do Sal, é unha frauta de madeira do século XIX.
Podedes escoitar un anaco da súa interpretación nos vídeos...
Tamén nos amosou unha fermosura de frauta máis actual, QUE ESTABA FEITA DE OURO!!!
Quedamos pasmados con todo o que tiña que contarnos. Grazas a el achegámonos a Mozart, o protagonista da historia e coñecimos moitos detalles e anécdotas deste singular personaxe.
Moitas grazas por vir, Luís; e, como moi ben dixeches ti, por facer de Fina Casalderrey e asinarnos os nosos libros.
Tamén queremos lembrar a Fina, que por motivos máis que xustificados non puido estar acompañándonos nesta xornada.
GRAZAS LUÍS, FINA E XERAIS POR FACER POSIBLE ESTE ENCONTRO!!!