martes, 27 de abril de 2021
FORMACIÓN LUPO - Primeira sesión
domingo, 25 de abril de 2021
VISITA VIRTUAL DE RAMÓN D. VEIGA
O venres 23 de abril, Día do Libro, tivemos o pracer de conversar con Ramón D. Veiga, o autor de dous libros que leron os rapaces e rapazas de 1º e 3º de primaria.
➤A primeira hora da mañá conectámonos con Ramón e co alumno David, que participou dende a súa casa, para falar do libro "Meigas fóra!"...
Ramón explicounos a orixe e inspiración dos seus contos...Algo tivo que ver a súa filla Violeta
Falounos do proceso de creación dos debuxos por parte do seu amigo e ilustrador Iván R...
David, dende a súa casa, tamén aportou a súa simpática tradición familiar de queimar roupa vella na luminaria.
Finalizou a primeira sesión con Ramón co compromiso, por parte dos rapaces de 3º, de facerlle un paraugas a Ramón interpretando os incríbles debuxos de Iván R...
➤ Na segunda sesión, Ramón atendeu aos nenos e nenas de 1º de primaria, que coa súa profe Emma, leron o seu conto titulado "A araña que lles tiña medo ás arañas"
Ramón contoulles como e por que empezara a escribir contos, en especial o conto da Araña... A araña vivía nun recuncho da habitación da súa filla Violeta, e acabou converténdose na protagonista do noso conto. Ensinoulles como elaborou o conto da araña co seu amigo Iván, o ilustrador...Canto traballo agóchase detrás dun conto!
sábado, 24 de abril de 2021
NA BUSCA DAS PERSONAXES ACOCHADAS NA BIBLIOTECA
O día 23 de abril conmemoramos o día do libro, e para os alumnos de 4º curso de Educación Primaria do Colexio Valle Inclán foi un día ben distinto ós outros.
A nosa profesora Fabiola díxonos que as personaxes do libro que léramos na segunda avaliación acocháranse na biblioteca.
Preguntarédesvos que personaxes e de que libro?
Pois ben este é o libro:
E estas son as personaxes (debuxadas polos alumnos).
Mari |