jueves, 25 de abril de 2019

23 DE ABRIL - DÍA DEL LIBRO

Como todos los años, celebramos esta fecha con diversas actividades. 
Alumn@s de 6º elaboraron una hermosa interpretación del cuento "Contín Contón" para representar con el teatrillo japonés a los más peques...
 Tod@s tuvieron ocasión de hacer sonar la ranita de madera que imita su croar. 
Los mayores de 1º de ESO también dedicaron unos minutos para admirar el trabajo de sus compañeros de 6º de Primaria...
Y el jueves, les tocó el turno a los de 1º y 2º de primaria...



jueves, 11 de abril de 2019

TRABALLO COOPERATIVO - ELMER

O pasado trimestre recibimos a Maleta da Inclusión que o noso centro solicitara á Xunta.
De entre todos os libros que contiña a maleta, escollimos "ELMER el elefante multicolor" para traballar temas como a diversidade e a inclusión con dous grupos cooperativos de 3º de primaria...

➤ Un dos grupos elaborou un kamishibai para presentar na biblioteca aos peques de infantil e aos de 1º e 2º de primaria. Interpretaron o capítulo "Elmer en la nieve"

➤ O outro grupo fixo unha lectura compartida co resumo do capítulo "Elmer y el gran pájaro" para contalo na biblioteca aos mesmos compañeiros.

Entre tod@s fixeron un gran ELMER multicolor...

 
 
 




E por fin chegou o gran día de representar os contos na biblioteca. 
Este martes para os pequerrechos de Infantil...
 
E hoxe, xoves, interpretaron os contos do divertido elefante para os rapaces de 1º e 2º de primaria...

E COLORÍN COLORADO...
ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!!!

miércoles, 10 de abril de 2019

7 de Abril - DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O pasado día 7 celebrouse o día Mundial da Saúde.
Milleiros de persoas no mundo carecen de atención sanitaria. E outros tantos de milleiros de persoas vense obrigadas a elexir entre a atención da saúde e outros gastos básicos, como alimentos, roupa ou incluso un teito onde vivir.

Por todo iso, a OMS dedica este ano o Día Mundial da Saúde, á cobertura sanitaria universal. 

E para entender mellor o que significa a cobertura sanitaria universal, levan a cabo unha campaña: Campaña da OMS para o Día Mundial da Saúde

Nós tamén quixemos colaborar con esta Campaña. A profe de infantil, Mercedes, púxose en contacto cun Centro Médico de Ferrol que proporcionoulle un extenso material informativo para compartir con todos nós...
 Esta semana, na biblioteca, alumn@s de primaria visionaron o interesante material informativo coa profe Isabel...
Os pequerrechos de infantil tamén ollaron o vídeo atentos ás explicacións da profe Mercedes...



A oftalmóloga Ana González realiza viaxes solidarios a África, en concreto a Senegal, para operar ás persoas cegas que o necesitan. Ela é fundadora do Centro Médico da Rúa da Terra de Ferrol (Ópticas Noroeste), alí recollen gafas doadas por persoas da comarca de ferrolterra para levalas a África, onde serán moi necesarias para completar os tratamentos. Tanto as lentes usadas como as gafas de sol, tamén son recollidas nas ópticas Noroeste da comarca: na Rúa daTerra e estrada de Castela en Ferrol, e tamén en Fene, Ares e Cedeira.



O Centro Médico da rúa da Terra ofreceunos  tamén estes power point do Instituto Galego de Ciruxía Ocular para compartilo con todos nós e poder coñecer as xentes do Senegal e da India.
Valoramos moito o traballo que fan médicos como Ana no hospital oftalmolóxico...




Tamén vimos o vídeo de Babacar, un neno de 4 anos que naceu cego e recuperou a vista grazas á intervención dunha das oftalmólogas que colaboran con esta fermosa campaña.

Durante toda a semana visionaremos o material cedido con todos os alumnos do cole e dende o equipo da biblioteca damos as grazas a Mercedes e ao Centro Médico por acercarnos tan interesante iniciativa e poder formar parte desta campaña.
A Campaña de recollida de lentes para enviar á xente necesitada continuarémola á volta das vacacións.
                               CONTAMOS CON VÓS...... MOITAS GRAZAS!

jueves, 4 de abril de 2019

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO


Hoxe recibimos na biblioteca a visita da poetisa galega Yolanda Castaño 

Yolanda dedícase tamén ao xornalismo e á televisión. Ten colaborado con moitas revistas e xornais como "La Voz de Galicia", "El Correo Gallego", "A nosa Terra", etc...
Esta mañá de hoxe adicou a charla aos rapaces de 1º e 2º de Primaria que leron o seu libro,  "Coller as rendas" . Comentárono, debuxaron e recitaron durante o segundo trimestre.

Coller as rendas contén sinxelos pero divertidos versos que afondan na importancia de reforzar os valores de respecto á personalidade de cada individuo, a través da descrición da situación e as peculiaridades de distintos animaliños.

A finalidade dos poemas e das ilustracións é dar a entender que na natureza cadaquén ten o seu deber e os animais saben o porque da súa existencia.



 Yolanda animounos a escribir e ler moito, contounos que ela comezou con oito anos.

Despois de ler e falar da súa obra, animounos a escribir e, sobretodo, a perseguir os nosos sonos.

Antes de irse asinounos os exemplares dos libros.

                   Grazas pola visita Yolanda!

lunes, 1 de abril de 2019

CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES

Neste 3º trimestre iniciamos unha campaña de reciclaxe de móbiles para protexer os ecosistemas africanos e colaborar así co Instituto Jane Goodall...

Como o imos facer?...Recolleremos os móbiles vellos para reciclar, na biblioteca. Tod@s os membros da comunidade educativa que queiran colaborar poderán levalos ao colexio. Colocaremos unha caixa na biblioteca para recollelos.

Que imos lograr xuntando móbiles vellos?...Por cada 30 móbiles acumulados, pódese solicitar unha recollida gratuita a unha empresa especializada. Logo de enviar os datos do colexio a info@movilizateporlaselva.org, gañarase un apadriñamento anual Chimpamig@s

E como colaboramos co Instituto de Jane Goodall?...Por cada aparato reciclado ou reutilizado, a empresa especializada na recollida, aportará unha parte do seu valor ao Instituto Jane Goodall do que é directora a veterinaria ferrolá, Rebeca Atencia, no Congo.


ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O 3º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE CURSO 2018-2019
 

 ACTIVIDADES PROPOSTAS DENDE A BIBLIOTECA
     

֍- XESTIÓN BIBLIOTECA:
   ● Dinamización Programa Meiga. (Voluntarios 6º E. P., ESO)

֍- Campaña de reciclaxe de móviles vellos(http://www.movilizateporlaselva.org/es/como.html) para colaborar co Instituto Jane Goodall e apadriñar chimpancés. Programar visita de Jaime Vázquez, o gardabosques de Serantes, figura inspiradora de Rebeca Atencia, directora do mencionado instituto.

֍Actividades Radiovalle:
            • Cabeceira dos programas de radiovalle.
            • Concurso logo radiovalle (6º E.P. e 1º,2º,3º e 4º ESO)
            • Concurso 2º e 3º ESO de mezclas con programas electrónicos.
            • Entrevista a Fina Casalderrey con motivo da súa visita e a lectura dos seus libros: “A lagoa das nenas mudas” en 5º e “Historia da bicicleta dun home lagarto” en 6º de E.P.

֍   ● Apadriñamentos lectores entre rapaces de 6º e 1º de Primaria

֍- CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: Os martes para E.I. e os xoves 1º e 2º Primaria.
                 ABRIL:  .- 2 de Abril, Día Internacional do Libro Infantil. Préstamo na biblioteca e primeira sesión de apadriñamentos lectores.
                                   .- 9 e 11 “Elmer y el gran pájaro”  “Elmer en la nieve” (3º Primaria)
                       .- Semana do 23 Día do libro (Infografías ESO)
     MAIO:.. - 2 de maio, xoves – 500 aniversario da morte de Leonardo Da Vinci- Exposición de actividades feitas en E. Infantil e Primaria.
                         .- 7 e 9 de maio...Contacontos na biblioteca “O avó e a cenoria”.
                         .- Semana do 17 de maio, Letras Galegas 2019 adicado a Antón Fraguas, historiador e xeógrafo.
                 .- 21 e 23 Kamishibai: “Contín Contón”
                       .- 28 e 30 de maio, Contacontos “O elefantiño preguntón”
֍ - ACTIVIDADES  TEI (Titoría Entre Iguais):. Taller de xogos e visualización de vídeos na biblioteca , alumnos de 3º e 5º E. P, sen datas.
                                   
 ֍- ACTIVIDADES PROXECTO TERRA:
      .- Barrio de Esteiro – Presentación das fotos “Ferrol no tempo” 
         
 ֍-VISITAS Á BIBLIOTECA:
                        • 4 de abril, visita da escritora Yolanda Castaño, autora de “Coller as rendas”, para 1º e 2º de Primaria (ás 9 da mañá na biblioteca)
                        • 6 de maio, Fina Casalderrey para falar dos seus libros: “A lagoa das nenas mudas” en 5º e “Historia da bicicleta dun home lagarto” en 6º de E.P. (Entrevisata en Radiovalle)
                        ● Jaime Vázquez, gardabosques de Serantes, finais de maio ou xuño(sen data)