Consiste en escoller unha foto antiga do barrio, imprimila en B/N e levala a ese mesmo lugar escollido para facer unha foto superpoñendo o antigo ao actual como nas seguintes que fixemos como exemplo...
Sabemos que son unhas datas complicadas pola cantidade de traballo que tedes pero, se dades un paseíño polo barrio coa idea de facelo, tede por seguro que ides pasar un rato divertido.
Ánimo e preparade ese pulso!!!
Premiarase a participación e a composición das fotos e logo faremos unha exposición con todas polos corredores do cole.Actualizo esta entrada o xoves 7 co plastificado e a exposición polo corredor de Primaria cos alumn@s de 4º...