Aproveitamos a visita de María para iniciar o club de lectura cos rapaces de 1º de Primaria que leron o seu libro titulado "O día que choveu do revés". Unha fantástica historia
que narra o eterno conflito entre as nubes e o Sol, que nalgunhas ocasións remata en tremendas treboadas e noutras en longas esperas pola chuvia...pero nese momento preciso é cando hai que actuar e aplicar solucións imaxinativas e enxeñosas que consegan calmar as augas e que as cousas volvan á normalidade...que chova con xeito...
Trata das aventuras dunha personaxe valente e atractiva chamada Megumi que ademáis é unha excepcional cazadora de estrelas, unha magnífica tiradora e amazona, pero ante todo, é un exemplo de dignidade.
E como temos entre nós un pequeno-gran escritor, lembramos con María o primeiro libro editado do noso alumno Alex González Meizoso, "El pastelón"
O club de lectura de 5º de Primaria foi moi dinámico e tamén o máis numeroso. Eles leron "Muriel" (Premio Merlín de Literatura Infantil 2017)
Con este libro, María Canosa, amosa a súa sensibilidade creativa e a súa gran capacidade de imaxinación para meterse na pel dun neno que pasa por un tempo de melancolía tras a desaparición da súa avoa.
Ao remate desta fantástica xornada, María asinou cada un dos libros dos rapaces...Quedamos encantados!
MOITAS GRAZAS MARÍA!
É UN PRACER LER AS TÚAS OBRAS!