martes, 30 de enero de 2018

A PAZ MOLA!

Hoxe celebramos esta data tan molona con varias actividades...


➤Murais da paz polos corredores
➤Representación do conto "O homiño de papel" Rapaces de 5º e 3º de primaria para os nenos e nenas de infantil...
➤E continuaremos o venres coa nosa participación na carreira escolar: Quilómetros de solidariedade . Polos dereitos da infancia.
É moito máis cunha actividade deportiva, esta carreira permite traballar a defensa e promoción dos Dereitos da infancia dentro e fora da aula, a través das actividades didácticas proporcionadas pola organización Save the Children, o alumnado coñecerá máis de cerca a situación que millóns de nenos e nenas de países máis desfavorecidos viven a diario. 




sábado, 27 de enero de 2018

A MALETA DA IGUALDADE

O proxecto "A maleta da igualdade" é un recurso bibliográfico para a ensinanza obrigatoria sobre igualdade, violencia de xénero e educación afectiva e sexual. Elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Consta de libros de lectura para o alumnado e profesorado.
Na nosa biblioteca xa temos estas dúas maletas cheas de libros. Unha maleta para E. Infantil e E.Primaria e outra con libros para E. Secundaria. A data de devolución dos libros é o 23 de febreiro.
A súa finalidade é fornecer os centros dun recurso que poida contribuir a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero....

A selección de libros para E. Infantil e E.Primaria é a seguinte:

jueves, 25 de enero de 2018

COOPERAR CONTANDO - CONTAR COOPERANDO

O conto desta semana ten como finalidade animar aos nosos pequerrechos a ser cooperativos.
Rapaces de 6º e 4º de Primaria escenifican "O avó e a cenoria" en dúas sesións, para Infantil, 1º e 2º de Primaria...

Rubén narra a historia dun avó (Janchi) que planta na súa horta unha cenoria e todos os días vai ver se a pode arrancar...máis o avó tira e tira e a cenoria non sae, quédase firme na terra. Entón chama a avoa (Paula) para que lle axude a tirar. E tira e tira, máis a cenoria non sae e chaman ao neto(Emilio), ao gato(Iria), ó can(Xabi), á vaca(Adrián) e a ovella(Antonio). Non foron capaces de arrancar a cenoria entonces chamaron a formiga (Dani) e...Cataplás! Por fin sae a cenoria e caen todos de cu no chan!...
Facía falta a forza da formiguiña para, entre todos, arrancala!



sábado, 20 de enero de 2018

KAMISHIBAI: Que contan as ovellas para durmir?

Alumnas de 5º e de 3º de E. Primaria contan e contan ovellas e algo máis para os nenos e nenas de E.Infantil e de 1º e 2 de E.P.

Bee é a nosa protagonista que quere saber o que contan as ovellas para durmir....

 
O rabaño de ovellas traballaba para un pastor que todas as mañás deitabase debaixo do valado. Preguntoulle as outras ovellas do rabaño, pero non o sabían. Colleu un pouco de herba do outeiro e un puñado de neve e comenzou a súa viaxe para atopar unha resposta..

 

A sete pasos máis tres preguntoulle ao lobo feroz e este contestoulle:
-Non che sei, eu conto ovellas para soñaaaarrrr!!!
Xa moi cansa decidiu parar a tomar a presiña de herba e o puñado de neve para quitar a sede...

Xa co bandullo cheo fixouse nuns valados brancos e vermellos e viu a moitos señores saltando sobre eles...Entón empezou a contalos...Sen querer atopou a resposta...As ovellas contan ATLETAS para durmir!

 
Adaptación do conto para kamishibai realizado por Marta, Manuela y Andrea de 5º. Colaboran Neus e Adriana de 3º E. Primaria.





viernes, 12 de enero de 2018

PREHISTORIA NA BIBLIOTECA-PROXECTO 8 DE MARZO

Os peques de Infantil tiveron hoxe unha xornada prehistórica...
 As mestras de Infantil, para o proxecto da Prehistoria, contaron coa colaboración dunha experta en arte rupestre, Lorena.

Lorena mostrounos os materiais que utilizaban as mulleres e os homes na Prehistoria para pintar nas paredes das covas escenas de caza, animais, símbolos ou simplemente deixar as pegadas das súas mans...


Tamén poidemos ver o material lítico, de pedra, que utilizaban como ferramentas, cordas vexetais, coiros, tripas de animais e cornamentas de cervo...

            


Lorena fixo estas lámpadas de tuétano tal e como o facían na Prehistoria para iluminar as covas cando pintaban...
O tuétano é unha sustancia graxa que está no interior dos ósos. Lorena explicounos que unha vez sacado o tuétano do óso, ponse a quentar ata que se derrite como se fora aceite, entón cólase e vótase na cuncha de vieira; cando enfría quédase sólida como a cera dunha vela, colócanse unhas herbas secas como mecha e xa temos as lámpadas feitiñas para iluminar a cova. O fogo o mantiñan sempre encendido no interior da cova e así lles era máis práctico usalo cando o precisaran. Que listos eran!!!

Os pigmentos que usaban para pintar son as chamadas terras naturais como o caolín, o ocre e o carbón...

O carbón usábase como tiza ou machacado e misturado con auga. Facían tampóns ou monequiñas de coiro para facer puntiños... 
Existían diferentes técnicas ou xeitos de pintar:
➤ As puntuacións co dedo ou con tampóns de coiro, tamponado...
 
Puntuacións e cuadriforme da cova do monte Castillo en Puente Viesgo, Cantabria.

Dixitación , facer a silueta da figura co dedo

 
Lorena amosa unha foto da cerva de Covalanas, en Cantabria.
Pintura rupestre feita con tamponado e dixitación...
 

Carbón como tiza, para facer siluetas en negro co carbón...





Os nosos peques pintan co carbón e co dedo na "cova da biblioteca"


Fotos dos cervos da cova de Lascaux e do Mamut de Ruffignac en Francia.


Policromado, consiste en utilizar diferentes materiais de cores para o interior das figuras...Lorena amosounos a foto do cabalo policromado de Lascaux e o bisonte da cova de Altamira...
O cavernícola Zache coloca a súa man sobre a parede da covabiblioteca e Lorena co aerógrafo salpica a pintura líquida...

 Cando Zache retira a súa man, aparece en negativo sobre a parede
Incrible técnica con resultado espectacular...mans en negativo realizadas coa técnica rupestre!. Resulta que os cavernícolas do paleolítico xa descubreran daquela o denominado "efecto Venturi"
Na esquerda vese un aerógrafo rupestre e na dereita outro moderno.
Lorena móstranos unha foto da "Cueva de las manos" en Argentina onde utilizouse o aerógrafo de boca para deixar plasmadas as mans en negativo de homes e mulleres que viviron hai máis de vintecincomil anos...Incrible!!!
Os nosos rapaces de infantil usaron todas as técnicas de pinturas rupestres coas súas profes e con Lorena...

 
 


Pringáronse moito pero disfrutaron como verdadeiros cavernícolas!
Gracias Lorena polo teu emocionante traballo!!!