lunes, 29 de mayo de 2017

RECETARIO VIAXEIRO

As receitas de tod@s os rapaces de Primaria e dalgúns dos restaurantes de Ferrol Vello xa están listas para viaxar as vosas casas...

Grazas aos chicos e chicas de secundaria, que moi amablemente colaboraron visitando o barrio, temos a oportunidade de compartir receitas dos seguintes mesóns e restaurantes:
                         O Cantegril
                         Anca
                         El Coral
                         O Camiño do Inglés
                         Frank
                         O Bacoriño
 
           Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!






QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?

Rapaces de 4º contando e contando, e contando....ovellas e algo máis...


Bee é a nosa protagonista que quere saber o que contan as ovellas para durmir....
O rabaño de ovellas traballaba para un pastor que todas as mañás deitabase debaixo do valado.



Xa co bandullo cheo fixouse nuns valados brancos e vermellos e viu a moitos señores saltando sobre eles...Entón empezou a contalos...Sen querer atopou a resposta...As ovellas contan ATLETAS para durmir!
                                             FIN

FIN FIN FIN 



MAR-E-ARTE CON LEANDRO LAMAS


      O próximo martes, día 6 de xuño, visitará a nosa biblioteca un dos nosos ilustradores preferidos, Leandro Lamas.

       E para coñecelo un pouquiño máis antes da visita, fixemos esta unidade didáctica para que os rapaces admiren algunhas das súas pinturas relacionadas co mar. Esta tarefa a incluiremos no noso proxecto sobre o barrio de Ferrol Vello....
       Premede no libriño e disfrutade... 
                                                                                  Mar-E-Arte con Leandro Lamas


lunes, 22 de mayo de 2017

PESCAMOS A MARÍA PRIN NA BIBLIOTECA

Unha das visitas relacionadas co Proxecto Terra adicado este ano ao Barrio de Ferrol Vello foi a que tivemos hoxe de María Prin, irmá da nosa compañeira Mercedes.

María traballa no Mercado da Magdalena. 
Amosounos unhas diapositivas para explicar o seu traballo e comenzou falando do edificio onde traballa, a Pescadería, un precioso edificio modernista construído por Rodolfo Ucha no ano 1923 (Pódese ver a data na fachada do edificio)...

   Precioso edificio onde traballa María, non si?
Falounos dos produtos que vende no seu posto da pescadería: Bivalvos como a ameixa babosa, ameixa fina e berberechos.
Crustáceos: a centola e o buey






Aquí a vemos explicando as partes da vieira e da zamburiña


             Tod@s atentísimos as súas explicacións. Na primeira sesión os peques. E na segunda os maiores...

Moluscos como os bígaros, tamén chamados minchas ou caramujos
 na parte de Vigo.
Equinodermos como o ourizo de mar. María ás veces pínchase coas púas, pero explicounos que os pulpos os comen enteiriños con púas, casca e todo e parece que lles presta moito porque repiten.
 
Tamén falounos do marisco moi apreciado, sobretodo polo Nadal, como os percebes, as nécoras, os santiaguiños, a cigala, a langosta, os camaróns,.... en fin, unha presentación moi, pero que moi completa cos produtos que ela vende encantada na pescadería...
Aquí vemos unha foto dos santiaguiños, especie ao borde da extinción...unha mágoa porque están boísimos!

Nesta táboa amosounos os produtos máis vendidos co seu prezo neste Nadal.
E por último, os servizos que ofrece dende o seu posto da pescadería...
Nós agradecemos moitísimo a súa visita porque aprendimos moito destes apreciados produtos do noso mar e da nosa ría.
 

O noso agasallo feito con moito cariño para ti...

          MOITAS GRAZAS MARÍA! 
                 ERES UNHA CRACK!!! 


jueves, 18 de mayo de 2017

UN PERCEBEIRO NA BIBLIOTECA

Hoxe visitounos Nacho, o pai de Roi, de 6º de Infantil...Percebeiro da nosa costa



 Nacho traballa co pai de Raúl
 (de 3º de Primaria) 
 O pai de Raúl chámase Rafa e é  o dono do barco "A Virxe do    Nordés"






Raúl contounos que no barco do seu pai pescan robalizas pero ás veces collen abadejos ou mesmo algunha quenlla. Enviounos fotos do barco do seu pai e fixemos esta presentación ... BARCO DA FAMILIA DE RAÚL
Tamén  compartiron con nós este vídeo onde Jacobo, o irmán de Nacho, pesca robaliza no Virxe do Nordés...



Nacho explicounos como é un día de faena do percebeiro: Madruga moito e como é un traballo moi perigoso, sempre vai acompañado. Amárrase cunha corda, leva traxe de neopreno polo frío e para non lastimarse coas rochas. Utiliza unha ferramenta chamada cavadoira, unha peza afiada de metal cortante cun mango máis ou menos longo, que serve para arrincar os percebes da rocha. E tamén levan unha bolsa colgada na cintura para gardalos a medida que os van collendo.

Tamén levounos un mapa da nosa Ría e amosounos as zonas nas que vai mariscar ameixas. Nunha foto anterior vemos a Raúl que sostén na man unha lámina coas partes dunha ameixa...
Tamén amosounos os catro tipos de ameixas que hai na nosa Ría...





Ameixa fina
Ameixa babosa
Ameixa japónica
Ameixa rubia





A que ten máis valor agora mesmo é a blanca que mariscan na nosa Ría, polo Castillo de San Felipe. E a todos parécenos que a babosa é a máis rica de todas as ameixas. 

Chamounos a atención a ameixa carneiro...
Nacho comentounos que era moi apreciada en Italia, aseméllase a un berberecho pero é máis grande, con estrías moi marcadas na súa cuncha, a súa carne é moi sabrosa, con intenso sabor a mar e que cada vez é máis apreciada.
Zoe levou unha nasa do seu avó e mostrounos o burato por onde entra o peixe, tamén explicounos  como queda atrapado dentro: Come a carnaza que hai dentro e logo non pode saír da nasa. Iria tamén amosounos unha bolsa dun percebeiro da súa familia. Nacho coñece algúns dos percebeiros familiares dos rapaces.

Os rapaces fixeron moitas preguntas e Nacho tivo respostas para todos...Aprendimos cousas curiosas da súa profesión e sobretodo a valorar e respetar o seu traballo, porque a parte de ser perigoso faenar nunhas zonas con tanto oleaxe, hai que ser tamén moi hábil para cavar percebe, separalo da rocha sen estropealo e manter así a súa calidade.
Nós quixemos agasallalos cun pequeno detalle feito polos voluntarios da biblioteca de 5º de Primaria.

Moitas grazas Nacho e familia de Raúl, pola vosa colaboración!







martes, 16 de mayo de 2017

A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

 Lembrando a Carlos Casares nestas datas, os rapaces de 2º de Primaria representan no kamishibai "A galiña azul" para os nenos e nenas de Infantil...
Tedes aquí o enlace ao conto...A GALIÑA AZUL

E para rematar con ledicia, alumnos e titoras de 5º e 6º traballaron arreo para agasallar aos cativiños cunha simpática galiña azul...





No seguinte enlace tedes as propostas, que dende a biblioteca elaboránronse para estas datas 


Fermosas chapas para celebrar un fermoso día...CHAPAS CARLOS CASARES

Os peques do cole tamén o homenaxean...INFANTIL CON CARLOS CASARES