martes, 31 de enero de 2017

PAZ E PROXECTO TERRA

                            MURAL DE INFANTIL
O noso Proxecto Terra deste ano adicámolo ao Barrio de Ferrol Vello, e os nenos e mestras de Infantil fixeron este precioso mural "Navegando pola Paz" coas barquiñas dos rapaces xunto coa lancha de Mugardos, deseño de Elga Fernández Lamas.

Tamén fixeron colgantes personalizados coa lanchiña. Cada día o "Encargado da clase" ten que realizar tarefas moi importantes , por iso leva colgado o seu carnet personalizado.... 



 

E ademáis ten que poñer a súa foto na faciana do patrón da lancha e as letras do seu nome debaixo...

Os maiores tamén está moi atarefados co seu mural de Ferrol Vello

 

 



 
Ánimo rapaces, está quedando moi chulo!!!
 

 
E tamén fan traballos de investigación sobre o barrio...
 

 

 

 

 

lunes, 30 de enero de 2017

TITORÍA ENTRE IGUAIS -TEI

  Iniciamos as actividades do programa TEI cos alumnos de 3º e 5º de Primaria co obxectivo de mellorar a convivencia e previr o acoso escolar. Aquí tedes os enlaces aos blogs de aula por se queredes votarlles unha ollada ás actividades feitas o venres...


                BLOG DE 5º DE PRIMARIA

                BLOG DE 3º DE PRIMARIA

OUTRAS ACTIVIDADES:
                       ENCONTRO NA BIBLIOTECA



DÍA DA PAZ

Escenificación do conto "O homiño de papel" para nenos de infantil:
O homiño de papel de periódico só ten escrito traxedias e catástrofes, os nenos cando o escoitan póñense moi tristes...ocórreselle meterse na lavadora e sae branquiño coma a neve...
 
...os nenos xogan con el, pero cando lles quere contar cousas non ten nada escrito, está valeiro de todo e da súa boca non sae nin media palabra....

 

 O homiño vai polo campo e pola natureza do arredor e empápase de cores, flores e palabras bonitas, énchese de ledicia porque ve aos nenos cheos de alegría tamén. Dende ese día fai chover polo mundo ilusión e paz...



E mirade que bonitiño deixaron os cativos
 de 3 anos o seu homiño de papel.



Os nenos de 4 anos tamén  escoitaron o conto escenificado polos de 4º de primaria...
 

 

Rapaces de 5 anos fixeron bonecos de papel despois de escoitar o conto...
Os de 1º de Primaria estiveron moi atentos ás aventuras do homiño de papel...
 
Por último, os voluntarios de 6º rematan a semana escenificando "O homiño de papel" para os rapaces de 2º de primaria...
 






martes, 24 de enero de 2017

PROPOSTAS PARA O DÍA DA PAZ: O HOMIÑO DE PAPEL E GLORIA FUERTES

Dende a biblioteca propoñemos as seguintes actividades para celebrar o día da paz o próximo luns 30 de xaneiro...


➤Rapaces de Primaria contarán e escenificarán o conto "O homiño de papel" aos nenos e nenas de InfantilLogo, axudarán aos peques a encher ao homiño de cousas e cores fermosas.
    ⧫ Aquí tedes o conto en galego e en castelán...

    ⧫ E unha guía de lectura con moitas actividades para descargar...GUÍA DE LECTURA: O HOMIÑO DE PAPEL.
 Nunha das actividades da guía aparece o fermoso poema "Paisaxe" de Gloria Fuertes, podedes seguir as súas indicacións para facer un debuxo cheo de cousiñas bonitas para o noso homiño de papel.

 ⧫ Para os maiores propoñemos celebrar o centenario de Gloria Fuertes coa lectura dos seus poemas relacionados coa paz e non violencia...
Deixamos o enlace á fundación que leva o seu nome onde podedes atopar moitos recursos sobre a súa vida e obra...
                  http://www.gloriafuertes.org/