domingo, 24 de octubre de 2021

GUÍA DE LECTURAS NO SAMAÍN

 Aquí tedes unha escolma de terroríficas lecturas para o Samaín....

Violeta quere ser vampiro 
          A araña que lle tiña medo ás arañas   

               

Escarlatina, a cociñeira defunta

                                            Corre corre, cabaciña

                           
                               

As bruxas

                                  Vampira de biblioteca
                            
                                   





                     

 





DÍA DAS BIBLIOTECAS-24 DE OUTUBRO

 Bibliotecas: ler, aprender, descubrir

                         
Desde o ano 2019, cada 24 de outubro,  celébrase o Día de las Bibliotecas

 
Nas bibliotecas escolares de Galicia o lema para este curso é: A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA 
Durante este curso quérese poñer o foco na palabra e na oralidade.



O cartaz deste ano foi elaborado pola ilustradora extremeña Mayte Alvarado

 Dende a nosa biblioteca escolar convidámosvos a entrar sempre en calquera biblioteca e a descubrir novas aventuras.



E para celebralo tivemos a sorte de ter "O Grúfalo" na nosa biblioteca durante toda a semana...

Sabela, Dani e Uxía de 5º de primaria, crearon este simpático kamishhibai para contalo aos máis pequerrechos...







jueves, 14 de octubre de 2021

MALETA INCLUSIVA

 

MALETA INCLUSIVA ESO

Despois da experiencia doutros anos, este curso continuamos co proxecto de Maletas Viaxeiras.

Asesoría de bibliotecas escolares pon a disposición dos centros unhas maletas viaxeiras co fin de achegar, ao profesorado que as solicite, uns materiais que sirvan para reforzar e apoiar as súas propias iniciativas de formación no ámbito do fomento da lectura e outras actividades destinadas ao alumnado.

Neste mes de outubro temos a sorte de ler, disfrutar e aprender coa Maleta Inclusiva para a etapa da ESO. Os obxectivos deste proxecto son transmitir a nosa experiencia ao utilizar a lectura fácil como ferramenta para comprender o que lemos e crear espazos de participación e inclusión social.

Como exemplo dunha acción de mellora foi a proposta da realización dunha Tertulia cos textos seleccionados na materia de Valores Éticos de 1º de ESO.  Ao día de hoxe realizouse unha tertulia cunha valoración moi positiva por ambas partes. Seguiremos a traballar ao longo deste mes con esta Maleta noutras materias e diferentes cursos.

Esperámosvos na biblioteca coa maleta chea de novidades…





 

 

CONTOS PARA ESCOITAR

Consello da Cultura Galega publica un podcast cunha escolma sonora de contos de Gianni Rodari traducidos pola homenaxeada no Día das Letras Galegas, Xela Arias...

Un recurso moi interesante neste curso centrado na oralidade e a palabra.

Xela & Gianni

jueves, 7 de octubre de 2021

PROGRAMA TEI 2021-2022

 Retomamos hoxe o programa de convivenciaTEI, Titoría Entre Iguais, nomeando os titores de 5º para cada un dos titorandos de 3º de primaria, coordinado pola profesora Emma e as profes de Valores, Eva de 5º e Elena de 3º

Titores de 5º dispostos a ser nomeados cos seus respectivos titorandos de 3º...









Unha vez presentados , Emma fixo entrega aos titores dos carnets que os acreditan como irmáns/as maiores dos rapaces e rapazas de 3º...


Con este programa de convivencia preténdese mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.