viernes, 11 de diciembre de 2020

OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE - GALICIENCIA 2020

Obradoiro de electricidade na biblioteca con David e Icía seguindo os pasos do vídeo que  Galiciencia online amosa no seu taller "Iluminando el mundo" ...
Este ano Galiciencia invita a participar en diversos talleres a través de internet pero de xeito totalmente práctico. Para primaria, o experimento consistiu en facer un circuito con plastilina condutiva, unha pila e luces leds...




Se queredes ver o vídeo completo de Galiciencia ...





domingo, 6 de diciembre de 2020

O PATIO DO MEU COLE É PARTICULAR

 

O pasado xoves 3 de decembro tivo lugar a primeira sesión de formación do grupo de traballo que levará a cabo, ao longo deste curso, a transformación do noso patio.

Coa axuda das asesoras Olga Romasanta, da Cooperativa Rexenerando, e Marta Pena Area, do CFR Ferrol, iniciamos a primeira sesión de formación na biblioteca escolar en formato mixto, presencial con algúns membros do grupo e telemático...

Queda un longo camiño por recorrer nesta nova e ilusionaNte iniciativa na que intentaremos implicar e ilusionar a todo o alumnado...Seguiremos informando dos pasos deste fermoso proxecto.





GUÍA DE LECTURA NADAL 2020

 Contos para o Nadal en vídeo...E guía de lecturas para este Nadal 2020

🎄🎅 A cantiga do Apalpador...

🎄🎅 Tres reis en bicicleta...

🎄🎅 Xa me tardan estes Magos...

🎄🎅 Estación Nadal (Mamá Cabra)...

🎄🎅 Rudolf el reno...

🎄🎅  El gigante egoísta (de Óscar Wilde)...                                                                                                                    
🎄🎅 Brinca Vai!: O apalpador...                                                        
🎄🎅 El muñeco de nieve...

🎄🎅 El hombre de jengibre...

🎄🎅 ¿Quién trae los regalos en  Navidad?...                                    
🎄🎅

Cuento de Reyes Magos...                                                           
🎄🎅 La verdadera historia del árbol de Navidad...                         
🎄🎅 Cómo Pepe arruinó la Navidad...                                              
🎄🎇"O conto do Apalpador", de Lúa Sende e Alexandre Miguens con ilustracións de Leandro Lamas e editado por A Fenda Editora
🎄🎇 E para mozos xa máis grandes en Urco editora a serie xuvenil 
Apalpador Vs Papa NoelAs aventuras do Apalpador e o tesouro dos mourosAs aventuras do Apalpador e a carballeira dos druídas e As aventuras do Apalpador e as portas do tempo.

🎄🎇"O rei da floresta"...                                                                                 













🎄🎇 "Canto do Nadal" de Charles Dickens - Edicións do Cumio










🎄🎇 "A boneca e a castañeira"  OQO             











🎄🎇"Noite de reis. A tempestade" William Shakespeare...

No seguinte enlace tedes a biblioteca para os nenos/as do mundo:

🎄🎅   ICDL - BIBLIOTECA DIGITAL INTERNACIONAL


domingo, 15 de noviembre de 2020

Novembro mes da Ciencia 2020

 ➽Dende galiciencia.online invítannos a participar con proxectos científicos, tanto en primaria como en secundaria, na maior feira científica de Galiza....ANIMÁDEVOS!!! 

Xa participamos hai anos con interesantes proxectos científicos feitos no cole: Premio Luis Freire de investigación científica no 2015. E no ano 2016: Galiciencia 2016

 
 ➤Guía de lecturas para este mes da Ciencia 2020 no seguinte enlace...
Tamén podedes atopar actividades online divertidas nos seguintes enlaces...
https://www.semanacienciamadrid.org/actividad/escape-room-cuanto-cuentan-los-contadores-en-tu-vida-un-enfoque-metrologico

➽Dende GaliciaLe achégannos unha morea de recursos, contidos educativos e de consulta, tanto en galego como en castelán...Máis de 170.000 recursos (artículos, fotos, vídeos, películas, etc...)

Desde GaliciaLe nos llegan un montón de recursos, contenidos educativos y de consulta, tanto en gallego como  en castellano...Más de 170.000 recursos (artículos, fotos, vídeos, películas, etc...)



ACTIVIDADES 25N E GUÍA DE LECTURAS

 Son moitas as actividades realizadas durante toda a semana para sensiblizar á rapazada respecto da situación de violencia e desigualdade que viven moitas mulleres...

Son muchas las actividades realizadas durante toda la semana para sensibilizar al alumnado respecto a la situación de violencia de género y desigualdad que viven muchas mujeres...

1º e 2º de primaria traballaron os valores na aula a través do conto "Rosa caramelo"....




3º, 4º e 6º o celebraron deste xeito...




➽ PROPOSTA DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURAS PARA O 25N


Cortos sobre igualdad y no discriminación...






viernes, 30 de octubre de 2020

miércoles, 28 de octubre de 2020

lunes, 26 de octubre de 2020

CONTOS DO SAMAÍN 2020

 Xa temos os primeiros contos do Samaín 2020

De 1º de Primaria, escoitamos a Alex, a Paula e a Thiago contando a historia do "Horrible monstruo verde"....

David, Adriana e Natalia, de 3º de primaria len o conto feito na clase: 

"O pantasma bo"....


 Daniela e Víctor, de 3º de primaria, cóntannos as súas arrepiantes historias.

"El niño poseído " de Víctor e de Daniela "La víctima misteriosa"...

Hugo, tamén de 3º de primaria, fixo este conto sanguento...

O conto de Martín titúlase "O vampiro malvado" e o de Ada "A casa enmeigada"...
Pronto teremos máis ....animádevos rapazada!




jueves, 8 de octubre de 2020

BIBLIOTECA VIRTUAL

BIBLIOTECA VIRTUAL

Podedes escoitar, ler ou ver os vídeos propostos se premedes encima de cada libro...

A DISFRUTARRRRR!!!

domingo, 27 de septiembre de 2020

PROTOCOLO COVID BIBLIOTECA 2020-2021

 

                              

                          
                                                                            

 PLAN DE ADAPTACIÓN DA BIBLIOTECA Á SITUACIÓN

COVID-19 NO CURSO 2020-2021

• ACCESO E CIRCULACIÓN:

- O  ​uso da máscara é obrigatorio en todo momento, tanto por parte do equipo de biblioteca como por partes dos/as usuarios/as.

- É obrigatorio manter a ​distancia de seguridade en todo momento e respectar a sinaléctica establecida.

- ​Non está permitida a libre circulación pola biblioteca​, agás para acceder aos postos de lectura habilitados. No caso de querer solicitar algún material en préstamo, débese agardar na fila habilitada diante do mostrador. Só poderán circular pola sala os/as membros do equipo de biblioteca.

- ​O aforo da biblioteca queda limitado ao 50%​. Por esa razón, só se poderán ocupar os postos habilitados​, sen que estea permitido movelos ou cambiar a súa distribución.

- ​Os postos da biblioteca ocuparanse por orde de chegada.

- O ​ espazo de lecer do centro da sala​, dotado de sofás, queda fóra de uso, agás naqueles casos nos que sexa indicado polo persoal encargado da biblioteca, para realizar diferentes actividades que impliquen o seu uso.

- Dada a situación actual, no recreo non poderá ser utilizada a biblioteca agás as excepcións recollidas no protocolo.

- O uso do espazo de lectura/lecer ubicado ao fondo da sala, onde se atopa a tenda de campaña, quedará fóra de uso.

- A mesa de mezclas da radio escolar será utilizada únicamente polos alumnos/as voluntarios formados para o seu uso e polos membros do equipo da biblioteca.

- Utilizarase a zona do teatriño kamishibai para realizar vídeos cos grupos reducidos de escolares que interveñan nas actuacións e o titor  ou membro do equipo da biblioteca que o supervise.

• LIMPEZA E DESINFECCIÓN:

- Todos/as os/as usuarios/as deben ​hixienizar as mans ​á entrada e á saída da biblioteca​.

Para iso, haberá dispensadores de xel hidroalcohólico xunto á porta de acceso.

- Ao rematar, ​os/as usuarios/as hixienizarán os postos que teñan ocupado (mesa e cadeiras), utilizando a solución hidroalcohólica e os panos desbotables que estarán á súa disposición no mostrador. Despois do seu uso, os panos deberán ser desbotados na papeleira con tapa situada na entrada da biblioteca.

- No caso de utilizar algún dos ​ordenadores  da biblioteca, ao remate estes tamén serán hixienizados (sempre botando a solución hidroalcohólica sobre o pano, nunca directamente sobre o ordenador).

- Co fin de proceder á correcta limpeza da biblioteca, será obrigatorio recoller e desinfectar os postos de lectura ​cando remate o recreo.

- O equipo de biblioteca encargarase de ​ventilar a sala coa maior frecuencia posible​.

- O equipo de biblioteca hixienizará o seu posto de traballo (mesa, cadeira e ordenador) ao remate de cada recreo (ou uso).

 PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS:

- O  ​préstamo dun libro ou outro material da biblioteca poderá solicitarse da seguinte maneira:

 De xeito presencial, no mostrador da biblioteca​. Haberá que ​respectar a fila

sinalada​ a tal fin e facer a petición ao persoal da biblioteca.

- En todos os casos, ​queda prohibido que calquera persoa (alumnado, profesorado ou resto da comunidade educativa) colla o material directamente dos andeis​; só poderán collelo os membros do equipo de biblioteca.

- O  ​listado de lectores/as​, empregado para a realización dos préstamos, será utilizado exclusivamente polo equipo de biblioteca.

- Os libros e materiais que se queiran devolver serán ​depositados directamente polos/as usuarios/as nas caixas habilitadas​ e identificadas a tal efecto (Pódende usar as caixas-buses). Na medida do posible, habilitarase unha caixa para cada aula.

- O material devolto deberá permanecer en ​caixas identificadas, pechadas e illadas durante 24 horas​, antes de ser xestionado (devolto no catálogo Meiga, colocado nos andeis e utilizado de novo).

- Unha vez baleiradas do material devolto, ​as caixas serán hixienizadas con solución hidroalcohólica antes de volver ser utilizadas.

- Dada a especial sensibilidade dos préstamos e devolucións, ​ningún membro da comunidade educativa poderá coller e/ou devolver materiais da biblioteca sen a supervisión do equipo de biblioteca​ ​ou fóra do horario de apertura da mesma​.

• OUTROS ASPECTOS:

- A  ​sección de xogos​ da biblioteca (incluídos os taboleiros de xadrez) queda fóra de uso.

- O profesorado interesado en ​utilizar a biblioteca como aula deberá reservar previamente o espazo anotándoo na plantilla que a tal efecto estará dispoñible no taboleiro de entrada á bibliotaca e deberá aterse ás seguintes normas de uso:

· Vixiar o correcto uso da sala, a desinfección dos materiais e postos empregados e a ventilación da sala, de acordo co plan xeral de actuación ante a COVID-19.

· Non alterar a distribución das mesas.

· Cumprir estritamente as normas de uso da biblioteca perante a COVID-19, recollidas neste mesmo documento.

- ​O equipo de biblioteca vixiará o estrito cumprimento destas normas​.

- Todas as ​actividades planificadas polo equipo de biblioteca deberán cinguirse a estas normas, priorizándose sempre as accións virtuais e aquelas que garantan a seguridade de toda a comunidade educativa.

- Estas normas ​poderán sufrir variacións​ en función da evolución da situación sanitaria.

- ​Mantéñense todas as normas de uso da biblioteca que non son incompatibles coa situación xenerada pola COVID-19​; entre outras: non está permitido comer nin beber, non está permitido o uso do teléfono móbil e débense respectar e seguir sempre as indicacións do persoal do equipo de biblioteca.

 

 Elena López Nores

Coordinadora da Biblioteca

 

Nota: Este plan segue as pautas do Protocolo xeral e tamén das Instrucións de 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, durante o curso 2020/2021, nos centros docentes de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesiona

martes, 15 de septiembre de 2020

BENVIDA AO CURSO 2020-2021

 Ola familias! 


Benvidas ao novo curso 2020-2021

Dende o equipo da biblioteca escolar do Valle Inclán queremos compartir con vós unha morea de Recursos Covid para familias. 

Un interesante material de apoio para o novo curso que estamos a iniciar  e que podedes ver premendo no seguinte enlace...

 RECURSOS COVID PARA AS FAMILIAS

viernes, 12 de junio de 2020

MUSEO VALLE INCLÁN

Arte desde casa..."Museo Valle Inclán" Pasen y disfruten...


                     MUCHAS GRACIAS FAMILIAS!

viernes, 15 de mayo de 2020

jueves, 14 de mayo de 2020

I PREMIO ARQUITECTURA PARA UN MUNDO MELLOR

                                               
Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia achéganos a convocatoria do I PREMIO DE ARQUITECTURA PARA UN MUNDO MELLOR


➧Coa finalidade de dar a coñecer, entre os máis xoves, a importancia que ten a Arquitectura na calidade de vida da sociedade. Trátase dun concurso de debuxo co lema "A VIVENDA IDEAL" Tema de actualidade dende o confinamento nas nosas casas. 
➧Vai dirixido a nenos/as e mozos/as de ata os 18 anos.
➧Os premios das diferentes categorías serán tarxetas regalo en material de educación plástica ou libros. 
➧O prazo de presentación de propostas ao concurso prolongarase desde ata o 31 de maio. Lembrade que para concursar tedes que inscribiros e cubrir o formulario...
https://arquitecturaparaunmundomejor.com/inscripcion/

                             ANIMÁDEVOS...SEI QUE SODES GRANDES ARTISTAS!!!!

domingo, 10 de mayo de 2020

PODCASTS CURSO 2019-2020 RADIOVALLE

17 DE MAIO 2020 - CARVALHO CALERO

Tiñamos preparada unha obriña de teatro para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero nestas datas pero chegou a COVID19 e ficamos tod@s na casa como xa sabedes....Pero non pasa nada, imos celebralo de todos xeitos cunha morea de actividades:

➽ No 2017 adicamos a Ricardo Carvalho Calero este proxecto co teatriño xaponés da biblioteca...
   Na lembranza dun tempo ído...
Voluntarios de 3º e 5º de Primaria co kamishibai contan a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero:

Premede no seguinte enlace se queredes ollar os textos, fotos e debuxos deste fermoso traballo...

➽Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra achégannos este proxecto pensado para o alumnado desde os 3 ata os 12 anos adicado a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado neste ano 2020 como sabedes.
Para acceder tedes que premer no seguinte enlace...
            http://aspitas.gal/

O proxecto consta de:
➧Un relato orixinal de Carvalho Calero, de balde só a través desa plataforma, e cedido pola Ed. Embora
➧Catro divertidas pezas musicais.
➧Unha completísima unidade didáctica

Tamén lembramos a visita de Leandro Lamas e Antón Cortizas á biblioteca...
http://bibliotecadovalle.blogspot.com/2017/06/visita-de-leandro-lamas-e-anton-cortizas.html
Rapaces contando a vida e obra de Carvalho Calero...Aquí tedes un anaquiño no vídeo...


➽ Dende Bibliotecas escolares de Galicia temos unha morea de enlaces relacionadas con esta data adicada a Ricardo Carvalho Calero...

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1316

De todos os enlaces gustaríame destacar dous: "Primavera das letras" e "Carvalho 2020", porque teñen un montón de actividades interactivas e unidades didácticas moi interesantes..
➥ Para os pequerrechos...
https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero
Os Bolechas. Carvalho Calero
Para Primaria-.http://primaveradasletras.gal/ferrol/     
 La Real Academia Gallega presenta una nueva edición del proyecto ...  
Para Secundaria-. https://carvalho2020.gal/?lang=gl

https://carvalho2020.gal/unidades-ensino/?lang=gl