WEB DO COLE

jueves, 28 de febrero de 2019

24F DÍA DE ROSALÍA

Un ano máis lembramos a Rosalía de Castro con moito arte...
Alumn@s da ESO colgando roupa no tendedeiro que puxemos no patio para crear o retrato de Rosalía...
Na biblioteca celebraron esta data cun fermoso recital....
 Este recital xorde dunha iniciativa dos rapaces e rapazas de 3º da ESO. Durante un tempo adicáronse a investigar sobre a nosa poetisa tan internacional, e decidiron que todo o que aprenderan debía saír fóra das paredes da súa aula.

Dende o primeiro momento, contaron coa profe de galego (Angélica), que sempre está disposta a todo tipo de argalladas. 

Para iniciar esta fermosa iniciativa, recolleron toda a información coa que contaban nun magnífico PowerPoint.


O día do acontecemento, proxectaron na biblioteca do colexio o seu traballo, que foi acompañado dun estupendo decorado realizado por nenos e nenas de tódolos cursos de secundaria. Contaron coa estupenda colaboración de moitos e moitas rapaces e rapazas para facer de diferentes personaxes. Así, podíanse ver non escenario moitas e variadas “Rosalías”, interpretadas por: Andrea, Carmen, Yaiza, Luisa, Sofía, Antía, Irene, Laura R., Laura, Iria, Alba, Jacqueline, Elena… Tamén as acompañaban: Manuel Murguía (André), Bécquer (Aarón) e un rapaz que lle quixo roubar un bico á súa noiva (Manuel Manivesa).



O fío condutor de toda esta trama, foron uns grandes presentadores: Carla e Fernando, aos  que sempre nos agrada ver enriba do escenario. Tamén foron unha parte importante, Lucía, Yago e Gabriel.
Como final a este recitado, escoitamos nas voces de Cecilia e de Angélica uns fermosos versos da obra Follas Novas.

Como bo acto que se precie, non podía faltar a festa. Así, tivemos a gran sorte de poder escoitar a fermosa voz de Luísa acompañada pola doce melodía da guitarra de Carla, interpretando a coñecida canción Adiós Ríos, adiós fontes. Tamén disfrutamos dunha muiñeira que nos achegaron Luísa e Yaiza: Muiñeira da Piolla. E como a todos nos gusta moito a festa, o día que repetiron este festival para os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, houbo quen se lles uníu, e botáronse a cantar e a tocar a pandeireta canda a Luísa e a Yaiza. Foron Manuel, Marta e Manuela que, ademais de colaborar na Muiñeira da Piolla tamén tocaron e cantaron o Agharradiño de Troáns.

No patio, alumn@s de Primaria, tamén lembraron a Rosalïa cantando "Adiós ríos, adiós fontes" e "A rabieira" diante do seu retrato...



miércoles, 20 de febrero de 2019

VISITA DE ANA ALCOLEA



 Este martes 19 de febrero, la escritora Ana Alcolea ha compartido sus experiencias y fuentes de inspiración con los/as alumnos/as de Secundaria.

Ana Alcolea es una conocida escritora natural de Zaragoza, que ha ejercido la docencia en Secundaria durante más de veinticinco años y ahora dedica gran parte de su vida a su verdadera pasión, los libros.
 Nos ha acompañado en una jornada muy amena en la que ha hablado de los libros que han leído nuestros alumnos de 1º de ESO-"El retrato de Carlota", en 2º de ESO- "La noche más oscura" y "El bosque de los árboles muertos" en 3º de ESO.

Ha finalizado la visita respondiendo a las preguntas de 
nuestras/os colaboradores de 1º ESO para la radio de nuestro 
centro y firmando los ejemplares de sus libros.
¡Muchas gracias a todos/as por vuestra colaboración y atención, 
un recuerdo especial para Ana Alcolea por su dedicación y 
colaboración!

Aquí teneis la entrevista a Ana Alcolea desde Radio Valle...

martes, 19 de febrero de 2019

PREPARANDO O 8 DE MARZO 2019

Xa estamos a piques de rematar as láminas para presentar o novo kamishibai na biblioteca o 8 de Marzo...
O ano pasado escollimos o libro de Ángeles Caso adicado ás pintoras para facer o  proxecto ELAS SEMPRE PINTAN MOITO.

 Este ano, inspirados polo segundo libro da mesma autora adicado ás mestras das artes, estamos a diseñar outro kamishibai similar.
 Fixemos unha escolma de mulleres, sete delas do mencionado libro ás que engadimos dúas mulleres galegas: Xulia Minguillón (pintora lucense) e Concepción Arenal, a nosa paisana.




Os preparativos non foron nada doados este ano...Pero, coma sempre, os colabores, voluntarios, pais e nais, foron exemplares e fantásticos.
O cadro "A escola de Doloriñas" de Xulia Minguillón, homenaxe ás nosas mestras, quedou así de bonito.
Alumn@s de 6º de primaria e os de Secundaria están creando as poesías adicadas a cada unha das mulleres escollidas para colocar na parte traseira das láminas do kamishibai...

...Pronto amosaremos o traballo completo!



jueves, 14 de febrero de 2019

RADIO-VALLE

Arranca unha nova aventura na biblioteca: RADIO-VALLE
Aproveitando a charla de Ana Jesús López Díaz para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia o pasado martes, alumn@s de 4º de Secundaria estrearon a radio na biblioteca con esta interesante entrevista que podedes escoitar clicando no seguinte enlace... 
Entrevista a Ana Jesús López Díaz

miércoles, 13 de febrero de 2019

PLAN DIRECTOR

Un ano máis ponse en marcha o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos...

Onte na biblioteca unha inspectora da Policía Nacional estivo con nós para informar aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria dos perigos que supón o bullyng, como detectalo e como poñerlle fin.
Fixo moito fincapé na importancia que teñen nestas situacións os espectadores, así coma da importancia da denuncia ante os profes, titores, pais ou, incluso, perante a policía.

O plan, impulsado dende a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar estas charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).


martes, 12 de febrero de 2019

LÁSER, FÍSICA E MULLERES - 2ª XORNADA 11F


Continuamos a celebrar hoxe o "Día da muller e a nena na ciencia" coa visita dunha doutora en Ciencias Físicas pola USC, Ana Jesús López Díaz, profesora titular de Enxeñería Mecánica da Escola Politécnica Superior da UDC e Presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia AMIT-Gal.
Co título de "Laser, Física e mulleres" Ana deu unha interesante charla para os alumn@s de 5º e 6º de primaria na biblioteca. Presentounos ás súas amigas científicas...
Explicounos o que é a Física: A máis fundamental das ciencias. Entender como funcionan, de que están feitas e por que funcionan tódalas cousas do Universo.
En que consiste ser físico ou física? Pois en buscar unhas poucas leis que nos expliquen como funciona todo, por exemplo a lei da gravidade. 
Tamén falounos do espectro electromagnético. Explicounos que era o conxunto de todos os tipos de luz, ou radiacións electromagnéticas que existen...
Aclarounos o que era un láser e as múltiples aplicacións que ten na vida diaria: punteiros, impresoras, ciruxía láser, lector de códigos de barras, para facer hologramas nos billetes e tarxetas, scáneres láser, borrar tatuaxes, cortar teas na industria téxtil.
Que fai Ana co láser?...
Ana aplica o láser á medicina: Nos parafusos para implantes odontolóxicos. En todo tipo de implantes como o da cadeira.
Tamén aplícase o láser na conservación do patrimonio. Esta técnica aplicouse na recuperación do Pórtico da Gloria na catedral de Santiago...Podedes ampliar información no seguinte enlace:
https://www.revistadearte.com/2018/06/28/el-portico-de-la-gloria-recupera-el-color-del-romanico/
 Ana presentounos este fermoso vídeo: Ese lugar...

Ese lugar chámase FUTURO...e o tedes nas vosas mans.

                                  MOITÍSIMAS GRAZAS ANA!!!

lunes, 11 de febrero de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

11 DE FEBREIRO 2019 con ISABEL RIAL HERMIDA




"Do colexio a ser científica.
Experiencias dunha investigadora"...



               Benvida ao teu cole Isabel!!!           
María Isabel Rial Hermida é investigadora do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC.  Despois de estudar Farmacia e facer un Máster, Isabel rematou a súa tesis recibindo un premio extraordinario polo seu traballo. Estivo en Belfast contratada por dous anos e, na actualidade, traballa na Universidade de Aveiro (Portugal) cunha beca da Xunta por dous anos.Por iniciativa da nosa ANPA, temos a sorte de contar con ela para celebrar esta data. 

Óscar, o presidente da nosa ANPA, fixo a presentación na biblioca ante os alumnos de Secundaria que por quendas disfrutaron da charla de Isabel Rial...
 Faloulles do seu traballo como investigadora cos polímeros. Explicoulles a súa estrutura, aplicacións e importancia nos medicamentos.
Isabel amosoulles unha escolma de mulleres científicas e os seus logros, algúns non recoñecidos no seu momento pero outros si, como ben dixo Isabel, non todo foi negativo afortunadamente. Animou aos alumn@s de secundaria a seguir os seus pasos no futuro que teñen diante como estudantes.
E deixounos a presentación para compartila con todos vós. A podedes ver ao final desta entrada🔻

Para os rapaces de 1º,2º,3º e 4º de Primaria, Isabel realizou unha serie de divertidos experimentos no laboratorio...

 Algúns aproveitaron a experiencia para catar os lacasitos...
A outros dábanlle grima os globos inflados co bicarbonato e o vinagre por se explotaban...
Sempre coa atenta mirada do noso esqueleto Don Gregorio...
Estupenda xornada a de hoxe...Moitas grazas Isabel! Sempre serás benvida ás nosas aulas.
Moitas grazas ANPA!

Pero falemos un pouco deste data: Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia.
Para contribuir a pechar esa brecha de xénero, que na actualidade existe no ámbito científico, un grupo de homes e mulleres toman a iniciativa 11 de Febreiro organizando actividades e materiais que conmemoran dita data.
Son mulleres e homes adicados á investigación, a docencia e a comunicación científica en diferentes institucións que forman parte de organizacións científicas, colectivos de divulgación, asociacións de mulleres ou comisións de igualdade. Hoxe, como sabedes, estivo connosco a exalumna Isabel Rial e mañá contaremos con Ana Jesús López Díaz, profesora de Enxeñería Mecánica da Escola politécnica Superior da USC e forma parte do Laboratorio de Aplicacións do Láser.
Clicando nos enlaces vermellos podedes entrar...

Películas Kids CSIC: aprender Ciencia é divertido

(Unha morea de películas, contos, vídeos, xogos e moitísima información sobre Ciencia)

Presentación para Infantil
Presentación para Primaria
Materiais variados

🔻Presentación de Isabel Rial...