WEB DO COLE

jueves, 21 de noviembre de 2019

PIONEIRAS GALEGAS NA CIENCIA

Continuamos a celebrar o mes da ciencia en galego na biblioteca. 

Esta semana alumn@s de 6º de primaria e a súa titora Eva amosaron o seu traballo. 

Fixeron un power point cunha selección de mulleres galegas pioneiras nalgún campo da ciencia. 

Mulleres como Isabel Cendán, de Ordes, que participou na misión de levar a vacina da variola a América e a Filipinas nunha expedición filantrópica que partiu do porto da Coruña en 1803.
 Olimpia Valencia, de Ourense, a primeira muller galega en obter a licenciatura de Medicina.
E moitas máis mulleres exemplares galegas...
 

 

Parabéns 6º por esta escolma de pioneiras galegas que abriron camiño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario