WEB DO COLE

viernes, 16 de noviembre de 2018

ASTRONOMÍA NA BIBLIOTECA

Paulino Gasalla, da Sección de Astronomía da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) visitounos hoxe para falar de Astronomía aos rapaces de 3º e 4º de primaria...
Comenzou a charla explicando que de día non vemos as estrelas porque a luz do Sol ilumina o aire que respiramos e impídenos velas. O que vemos brilar, as veces, é o planeta Venus que parécenos unha estrela.
Amosounos as constelacións e os preciosos nomes das estrelas. Algunhas xa as coñecíamos, como a Osa Maior e a Osa Menor...
E por que se chaman así a osa maior e a menor?...Pois porque hai moitos anos, uns 5000 anos, víanse moi ben as estrelas pola noite e deitábanse a descansar, por exemplo no deserto,  observaban as estrelas e atopaban parecidos con figuras...
 Imaxinaban o ceo cheo de figuras: un lince, unha xirafa, un camelo, as osas, un cisne, a raposa...Mi madriña, cantos animaliños!
 E qué pasa en 24 horas?...Rota o ceo?...A estrela Polar sempre no centro, non se move e parece que o resto de estrelas sí. O que pasa en realidade é que movémonos nós, na Terra.
 Os rapaces fixeron moitas preguntas interesantes a Paulino.
Denís preguntoulle polo Cinturón de Orión e Irene quería ver a constelación de Xéminis...
Paulino contou a historia de Orión: Era un cazador, leva unha maza na man e no cinto de Orión colga unha espadacoa que parece defenderse dun touro.
Amosounos tamén a nebulosa roseta...
De que cores son as estrelas?...son brancas, azuis, amarelas e vermellas/alaranxadas.
Como son de grandes as estrelas?...Pois se comparamos Arturus co Sol, é moito máis grande, pero quédase pequeno comparado con Antares e éste con Pistol Star que é súper súper xigante
Lucas preguntoulle se existen os buratos negros...Pois si que existen. Un burato negro atrae todo, de ahí non pode saír nada, quedas como pegado e todo vese negro porque non hai luz.
Ao final da interesante charla, Paulino animounos a tod@s a coidar máis o noso precioso planeta Terra e a estudiar moito para crear entre tod@s un mundo mellor.

MOITAS GRAZAS PAULINO!



No hay comentarios:

Publicar un comentario