WEB DO COLE

miércoles, 31 de enero de 2024

POLOS CREATIVOS

 O noso centro, involucrado na participación de programas de innovación como Polos Creativos (espazos educativos que favorecen o desenvolvemento das competencias dixitais), dotarase ao longo do curso 2024-25 de robots, realidade virtual, equipos audiovisuais, impresoras 3D e xogos de construción, entre outros. 




Unha parte do profesorado recibiu formación sobre o manexo e control das impresoras 3D nas tardes do luns na Biblioteca do centro. Próximamente teremos unha nova formación na técnica do Croma o que nos dará a posibilidade de establecer novas experiencias de aprendizaxe sen necesidade de sair da clase.

Os Polos Creativos son espazos educativos innovadores cun deseño modular e innovador, dotados de equipamento especializado, que ocupan espazos físicos definidos nos centros educativos. Enfócanse á aprendizaxe conxunta, colaborativo e comunitario. A súa visión é ampla, integrando o coñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc…).