Dentro das actividades programadas polo Departamento de Orientación dirixidas a 3º e 4º de ESO, para dar a coñecer as diferentes opcións académicas e profesionais, recibimos este xoves a visita de catro militares da Armada que nos explicaron con gran profesionalidade o desenvolvemento da Carreira militar...
WEB DO COLE
viernes, 25 de febrero de 2022
miércoles, 23 de febrero de 2022
DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO
Tal día como hoxe, hai 185 anos, naceu Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal. Todo o alumnado e o profesorado conmemoramos este día lembrando o seu poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas e facendo un Caldo de Gloria humilde e saboroso como o do seu poema...
Os máis pequerrechos deixaron ben limpiños os grelos...
3º e 4º puxeron a remollo as fabas..
Maiores da ESO pelaron patacas...
Os máis fortes moveron as mesas...
martes, 22 de febrero de 2022
O HEMATOCRÍTICO - 1º E 2º DE PRIMARIA
Hoxe recibimos a Miguel López-O Hematocrítico, autor do libro que están a traballar no segundo trimestre o alumnado de 2º de primaria, "Menudo cabritillo"...
Contounos unha morea de cousas interesantes, falounos de todod os libros que ten escritos e asignou os nosos exemplares...MOITAS GRAZAS, MIGUEL!
Os rapaces e rapazas de 1º de primaria tamén tiveron unha sesión con Miguel, pero eles están a ler outro libro de Miguel, "El lobo con botas"...