WEB DO COLE
viernes, 11 de diciembre de 2020
OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE - GALICIENCIA 2020
domingo, 6 de diciembre de 2020
O PATIO DO MEU COLE É PARTICULAR
O pasado xoves 3 de decembro tivo lugar a primeira sesión de formación do grupo de traballo que levará a cabo, ao longo deste curso, a transformación do noso patio.
Coa axuda das asesoras Olga Romasanta, da Cooperativa Rexenerando, e Marta Pena Area, do CFR Ferrol, iniciamos a primeira sesión de formación na biblioteca escolar en formato mixto, presencial con algúns membros do grupo e telemático...
Queda un longo camiño por recorrer nesta nova e ilusionaNte iniciativa na que intentaremos implicar e ilusionar a todo o alumnado...Seguiremos informando dos pasos deste fermoso proxecto.
GUÍA DE LECTURA NADAL 2020
Contos para o Nadal en vídeo...E guía de lecturas para este Nadal 2020
🎄🎅 A cantiga do Apalpador...
🎄🎅 Tres reis en bicicleta...
🎄🎅 Xa me tardan estes Magos...
🎄🎅 Estación Nadal (Mamá Cabra)...
🎄🎅 Rudolf el reno...
🎄🎅 ICDL - BIBLIOTECA DIGITAL INTERNACIONAL
domingo, 15 de noviembre de 2020
Novembro mes da Ciencia 2020
➽Dende galiciencia.online invítannos a participar con proxectos científicos, tanto en primaria como en secundaria, na maior feira científica de Galiza....ANIMÁDEVOS!!!
Xa participamos hai anos con interesantes proxectos científicos feitos no cole: Premio Luis Freire de investigación científica no 2015. E no ano 2016: Galiciencia 2016
➽Dende GaliciaLe achégannos unha morea de recursos, contidos educativos e de consulta, tanto en galego como en castelán...Máis de 170.000 recursos (artículos, fotos, vídeos, películas, etc...)
Desde GaliciaLe nos llegan un montón de recursos, contenidos educativos y de consulta, tanto en gallego como en castellano...Más de 170.000 recursos (artículos, fotos, vídeos, películas, etc...)
ACTIVIDADES 25N E GUÍA DE LECTURAS
➽ Son moitas as actividades realizadas durante toda a semana para sensiblizar á rapazada respecto da situación de violencia e desigualdade que viven moitas mulleres...
Son muchas las actividades realizadas durante toda la semana para sensibilizar al alumnado respecto a la situación de violencia de género y desigualdad que viven muchas mujeres...
1º e 2º de primaria traballaron os valores na aula a través do conto "Rosa caramelo"....3º, 4º e 6º o celebraron deste xeito...
➽ PROPOSTA DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURAS PARA O 25N
domingo, 8 de noviembre de 2020
8 DE NOVEMBRO-DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Dende IGACIENCIA convídanos, tanto ao profesorado como ao alumnado, a unha morea de actividades con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego 2020.
Tedes máis información e o formulario de inscrición para participar no seguinte enlace: http://www.igaciencia.eu/gl/node/350
Para consultar varios apartados relativos a esta celebración podedes entrar en: http://www.cienciaengalego.org/
viernes, 30 de octubre de 2020
miércoles, 28 de octubre de 2020
lunes, 26 de octubre de 2020
CONTOS DO SAMAÍN 2020
Xa temos os primeiros contos do Samaín 2020
De 1º de Primaria, escoitamos a Alex, a Paula e a Thiago contando a historia do "Horrible monstruo verde"....
David, Adriana e Natalia, de 3º de primaria len o conto feito na clase:
"O pantasma bo"....
Daniela e Víctor, de 3º de primaria, cóntannos as súas arrepiantes historias.
"El niño poseído " de Víctor e de Daniela "La víctima misteriosa"...
jueves, 8 de octubre de 2020
BIBLIOTECA VIRTUAL
BIBLIOTECA VIRTUAL
Podedes escoitar, ler ou ver os vídeos propostos se premedes encima de cada libro...
A DISFRUTARRRRR!!!
domingo, 27 de septiembre de 2020
PROTOCOLO COVID BIBLIOTECA 2020-2021
PLAN DE ADAPTACIÓN DA BIBLIOTECA Á SITUACIÓN
COVID-19 NO CURSO 2020-2021
• ACCESO E CIRCULACIÓN:
- O uso da máscara é obrigatorio en todo momento, tanto por parte do equipo de
biblioteca como por partes dos/as usuarios/as.
- É
obrigatorio manter a distancia de seguridade en todo momento e respectar a
sinaléctica establecida.
-
Non está permitida a libre circulación pola biblioteca, agás para acceder aos
postos de lectura habilitados. No caso de querer solicitar algún material en
préstamo, débese agardar na fila habilitada diante do mostrador. Só poderán
circular pola sala os/as membros do equipo de biblioteca.
- O
aforo da biblioteca queda limitado ao 50%. Por esa razón, só se poderán ocupar
os postos habilitados, sen que estea permitido movelos ou cambiar a súa
distribución.
-
Os postos da biblioteca ocuparanse por orde de chegada.
- O
espazo de lecer do centro da sala, dotado de sofás, queda fóra de uso, agás
naqueles casos nos que sexa indicado polo persoal encargado da biblioteca, para
realizar diferentes actividades que impliquen o seu uso.
- Dada a situación actual, no recreo non poderá ser utilizada a biblioteca agás as excepcións recollidas no protocolo.
- O
uso do espazo de lectura/lecer ubicado ao fondo da sala, onde se atopa a tenda
de campaña, quedará fóra de uso.
- A
mesa de mezclas da radio escolar será utilizada únicamente polos alumnos/as
voluntarios formados para o seu uso e polos membros do equipo da biblioteca.
- Utilizarase a zona do teatriño kamishibai para realizar vídeos cos grupos reducidos de escolares que interveñan nas actuacións e o titor ou membro do equipo da biblioteca que o supervise.
• LIMPEZA E DESINFECCIÓN:
-
Todos/as os/as usuarios/as deben hixienizar as mans á entrada e á saída da
biblioteca.
Para
iso, haberá dispensadores de xel hidroalcohólico xunto á porta de acceso.
- Ao
rematar, os/as usuarios/as hixienizarán os postos que teñan ocupado (mesa e cadeiras),
utilizando a solución hidroalcohólica e os panos desbotables que estarán á súa
disposición no mostrador. Despois do seu uso, os panos deberán ser desbotados
na papeleira con tapa situada na entrada da biblioteca.
- No
caso de utilizar algún dos ordenadores
da biblioteca, ao remate estes tamén serán hixienizados (sempre botando
a solución hidroalcohólica sobre o pano, nunca directamente sobre o ordenador).
- Co
fin de proceder á correcta limpeza da biblioteca, será obrigatorio recoller e
desinfectar os postos de lectura cando remate o recreo.
- O
equipo de biblioteca encargarase de ventilar a sala coa maior frecuencia
posible.
- O equipo de biblioteca hixienizará o seu posto de traballo (mesa, cadeira e ordenador) ao remate de cada recreo (ou uso).
• PRÉSTAMOS
E DEVOLUCIÓNS:
- O préstamo dun libro ou outro material da biblioteca poderá solicitarse da
seguinte maneira:
De xeito presencial, no mostrador da
biblioteca. Haberá que respectar a fila
sinalada
a tal fin e facer a petición ao persoal da biblioteca.
- En
todos os casos, queda prohibido que calquera persoa (alumnado, profesorado ou
resto da comunidade educativa) colla o material directamente dos andeis; só
poderán collelo os membros do equipo de biblioteca.
- O listado de lectores/as, empregado para a realización dos préstamos, será
utilizado exclusivamente polo equipo de biblioteca.
- Os
libros e materiais que se queiran devolver serán depositados directamente
polos/as usuarios/as nas caixas habilitadas e identificadas a tal efecto
(Pódende usar as caixas-buses). Na medida do posible, habilitarase unha caixa
para cada aula.
- O
material devolto deberá permanecer en caixas identificadas, pechadas e illadas
durante 24 horas, antes de ser xestionado (devolto no catálogo Meiga, colocado
nos andeis e utilizado de novo).
-
Unha vez baleiradas do material devolto, as caixas serán hixienizadas con
solución hidroalcohólica antes de volver ser utilizadas.
- Dada a especial sensibilidade dos préstamos e devolucións, ningún membro da comunidade educativa poderá coller e/ou devolver materiais da biblioteca sen a supervisión do equipo de biblioteca ou fóra do horario de apertura da mesma.
• OUTROS ASPECTOS:
- A sección de xogos da biblioteca (incluídos os taboleiros de xadrez) queda fóra
de uso.
- O
profesorado interesado en utilizar a biblioteca como aula deberá reservar previamente
o espazo anotándoo na plantilla que a tal efecto estará dispoñible no taboleiro
de entrada á bibliotaca e deberá aterse ás seguintes normas de uso:
·
Vixiar o correcto uso da sala, a desinfección dos materiais e postos empregados
e a ventilación da sala, de acordo co plan xeral de actuación ante a COVID-19.
·
Non alterar a distribución das mesas.
·
Cumprir estritamente as normas de uso da biblioteca perante a COVID-19,
recollidas neste mesmo documento.
- O
equipo de biblioteca vixiará o estrito cumprimento destas normas.
-
Todas as actividades planificadas polo equipo de biblioteca deberán cinguirse
a estas normas, priorizándose sempre as accións virtuais e aquelas que garantan
a seguridade de toda a comunidade educativa.
-
Estas normas poderán sufrir variacións en función da evolución da situación
sanitaria.
-
Mantéñense todas as normas de uso da biblioteca que non son incompatibles coa situación
xenerada pola COVID-19; entre outras: non está permitido comer nin beber, non
está permitido o uso do teléfono móbil e débense respectar e seguir sempre as
indicacións do persoal do equipo de biblioteca.
Elena López Nores
Coordinadora
da Biblioteca
Nota:
Este plan segue as pautas do Protocolo
xeral e tamén das Instrucións de 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos, en relación coa organización e o funcionamento das
bibliotecas escolares, durante o curso 2020/2021, nos centros docentes de
niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesiona
martes, 15 de septiembre de 2020
BENVIDA AO CURSO 2020-2021
Ola familias!
Benvidas ao novo curso 2020-2021
Dende o equipo da biblioteca escolar do Valle Inclán queremos compartir con vós unha morea de Recursos Covid para familias.
Un interesante material de apoio para o novo curso que estamos a iniciar e que podedes ver premendo no seguinte enlace...
viernes, 12 de junio de 2020
MUSEO VALLE INCLÁN
MUCHAS GRACIAS FAMILIAS!
viernes, 15 de mayo de 2020
KAMISHIBAI SOBRE CARVALHO CALERO PUBLICADO NO BLOG DE aspitas.gal
http://aspitas.gal/blog-2
http://aspitas.gal/archivos/355
jueves, 14 de mayo de 2020
I PREMIO ARQUITECTURA PARA UN MUNDO MELLOR
Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia achéganos a convocatoria do I PREMIO DE ARQUITECTURA PARA UN MUNDO MELLOR
https://arquitecturaparaunmundomejor.com/inscripcion/
domingo, 10 de mayo de 2020
17 DE MAIO 2020 - CARVALHO CALERO
➽ No 2017 adicamos a Ricardo Carvalho Calero este proxecto co teatriño xaponés da biblioteca...
Na lembranza dun tempo ído...
Para acceder tedes que premer no seguinte enlace...
http://aspitas.gal/
O proxecto consta de:
➧Un relato orixinal de Carvalho Calero, de balde só a través desa plataforma, e cedido pola Ed. Embora
➧Catro divertidas pezas musicais.
➧Unha completísima unidade didáctica
➽ Tamén lembramos a visita de Leandro Lamas e Antón Cortizas á biblioteca...
http://bibliotecadovalle.blogspot.com/2017/06/visita-de-leandro-lamas-e-anton-cortizas.html
Rapaces contando a vida e obra de Carvalho Calero...Aquí tedes un anaquiño no vídeo...
➽ Dende Bibliotecas escolares de Galicia temos unha morea de enlaces relacionadas con esta data adicada a Ricardo Carvalho Calero...
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1316
➧De todos os enlaces gustaríame destacar dous: "Primavera das letras" e "Carvalho 2020", porque teñen un montón de actividades interactivas e unidades didácticas moi interesantes..
➥ Para os pequerrechos...
https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero
Para Primaria-.http://primaveradasletras.gal/ferrol/
Para Secundaria-. https://carvalho2020.gal/?lang=gl
https://carvalho2020.gal/unidades-ensino/?lang=gl