WEB DO COLE

jueves, 20 de febrero de 2020

POEMAS DE ROSALÍA POR UN TUBO

Hoxe saímos á rúa cos susurradores para seguir recitando poemas de Rosalía de Castro...
Tamén cantamos cos susurradores...
Esta señora pensou que lle íamos gastar unha broma...
Atopamos á nai de Xabi....
E tamén á nai de Sara co seu canciño...
 No Cruceiro de Canido, hai quen animouse a cantar "Adiós ríos, adiós fontes" coa rapazada.


 Diante da cafetería Lusitania tamén cantamos a Rosalía...
 Sorprendimos á xente na tenda onde nos deron os tubos de cartón para facer os susurradores...E tamén cantamos e susurramos os poemas...

E para rematar, na terraza de Bonilla, Carlos susurrou un poema de Rosalía para unha señora que estaba de cumpleanos e quedou encantada co agasallo... 

    Unha experiencia preciosa que pensamos repetir!
                   ROSALÍA SEMPRE É UN AGASALLO!   

FERROL NO TEMPO - CASA DE CONCEPCIÓN ARENAL

 No Nº 177 da Rúa Real naceu a escritora e activista social Concepción Arenal hai 200 anos. Hoxe quixemos lembrar o seu bicentenario acudindo a dita rúa para facer unha foto enmarcada no noso proxecto FERROL NO TEMPO
Fixemos esta fotiña no portal da súa casa sinalando a placa conmemorativa cos "Susurradores"...

Non foi doado, pero logo de varios intentos, Andrea e Lucía conseguiron encaixar a Rúa Real de Ferrol no tempo...

miércoles, 19 de febrero de 2020

SUSURRANDO E CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Seguimos lembrando a Rosalía ... Susurrando os seus poemas para profes de Primaria e alumnado da ESO...
 Víctor de 2º de primaria, Sabela e Gabriela de 3º, Ainhoa de 4º, André, Yaiza e Jaqueline da ESO; Cos seus susurradores,  recitan poemas de Rosalía para as profes de Primaria, Icía e Isabel...
Víctor emociona a súa profe Isabel co poema de Rosalía "Te amo..¿por qué me odias?
Ainhoa, de 4º de primaria, recita a súa profe Icía "Unha boda na aldea"


Alumnn@s da ESO e a súa profe Katy tamén disfrutaron escoitando estes poemiñas susurrados de xeito tan íntimo e delicado...
"Campanas de Bastabales", "Unha boda na aldea", "Te amo...¿por qué me odias", "Médico, dóelle a cabeza".....Estes foron os poemas de Rosalía recitados.
E para rematar, o poema cantado"Adiós ríos, adiós fontes"....

                             

ROSALÍA SEMPRE!!!


martes, 18 de febrero de 2020

SUSURRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Susurrando poemas de Rosalía de Castro ás profes de infantil...
Rapaces e rapazas de diferentes etapas educativas susurran poemiñas e cantan a Rosalía cos seus "Susurradores"...

 



E para rematar, cantan susurrando..."Adiós ríos, adiós fontes"


 Precioso xeito de lembrar a Rosalía...Susurrando os seus poemas!!!





lunes, 17 de febrero de 2020

ENTREVISTA A BELÉN SOTO TORRENTE - 11F

Entrevista dos alumn@s da ESO a Belén Soto Torrente co gallo da celebración do 11 de Febreiro "Día da muller e a nena na ciencia"

ENTREVISTA A LUCÍA SANTIAGO CAAMAÑO DENDE RADIOVALLE

Dende Radiovalle podedes escoitar a entrevista que Daniela e Laura fixéronlle a Lucía co gallo da celebración do 11 de febreiro "Día da muller e a nena na ciencia"...

Rapaces e rapazas de 3º adicaron estes debuxos a Lucía...


 

 

 

jueves, 13 de febrero de 2020

11 F - VISITA DE LUCÍA SANTIAGO CAAMAÑO

Un ano máis, contamos coa AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia, AMIT-Gal) para celebrar o 11 de febreiro "Día da Muller e a Nena na Ciencia".

Lucía Santiago Caamaño é Enxeñeira Naval e Oceánica e profesora da EPS (Escola Politécnica Superior) de Ferrol. Colabora coa AMIT e hoxe veu a dar unha charla para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria.

Lucía é da Pobra do Caramiñal, na Ría de Arousa. Comezou a charla falando do seu pobo. Dende o peirao, podía ver as bateas e os pesqueiros cando era unha nena,  e xa acendían nela a curiosidade os barcos coas súas grúas e as redes. 
Un dato curioso que aportounos: A Pobra, é o porto onde máis atún se descarga de Europa. 



 No seu traballo, no Campus de Esteiro, da clases e investiga, co seu equipo de enxeñeiros, nos sistemas autónomos. Estudan a estabilidade e comportamento dos barcos para mellorar a súa seguridade no mar.

No laboratorio dispoñen dun espazo para probas con maquetas de barcos a escala cun canal de ensaios e sensores para medir e tomar datos. 

Tamén hai un xerador de ondas que poidemos ver nun  vídeo.


 Amosounos diferentes tipos de barcos coas súas características.

O submariño chamou moito a atención entre a rapazada. 

Tamén quedaron abraiados co comportamento dun barco nun temporal.



 

 Lucía falounos de mulleres referentes e pioneiras cos seus inventos e contribucíons á ciencia e ás novas tecnoloxías: 


Hedy Lamarr, inventora dun sistema de comunicación secreta contra os nazis, precursor do GPS, bluetooth e o wifi.

Raye Montague, que inventou o primeiro software asistido por ordenador para buques.

Martha Jane Hunt Coston, inventora da bengala Coston, dispositivo de sinalización no mar.

Sara Mather, inventora do telescopio submariño, precursor do periscopio.



 Moito aprendimos con Lucía, e o máis importante, animou á rapazada a estudar moito e escoller a profesión que lles guste sen barreiras nin estereotipos.
E para finalizar, adicounos uns minutiños na entrevista para Radiovalle que lle fixeron alumn@s de 5º e que subiremos próximamente...

        Como ben dixo Laura....MOLAS MOITO LUCÍA!

        MOITÍSIMAS GRAZAS POLO TEU EXEMPLAR TRABALLO!!!