WEB DO COLE

jueves, 19 de diciembre de 2019

OBRADOIRO DE TAPICES

Teares de madeira ou cartón serven de soporte para tecer la na urdidura e facer  pequenos e vistosos tapices para o Nadal...
 



 


Bo Nadal e ventureiro Aninovo...Artistas!!!





















miércoles, 18 de diciembre de 2019

CONTOS DE MEDIACIÓN

Na mañá de hoxe tivemos contos de mediación na biblioteca para o alumnado de 3º e 4º de primaria...
Ángeles e Juana, da Asociación de Ferrolterra de Mediación foron as encargadas de explicar o significado de mediación a través dun conto e dunha escenificación práctica dun caso de mediciación...
Co conto todo@s participan e aprenden a escoitar para poder entender á outra persoa e resolver o problema sempre con respeto...


Alex e Dani escenifican o conflito que supón que os dous queran a mesma laranxa...Entre tod@s intentan resolver o conflito facendo unha morea de preguntas, ata que ao final resólvese, falando pacíficamente, o problema.
Magnífico proxecto de difusión da cultura da mediación!
Moitas grazas Ángeles e Juana polos contos, marcapáxinas e por traer o voso fermoso proxecto de mediación ao noso cole...
Parabéns!

domingo, 8 de diciembre de 2019

ACTIVIDADE TEI - RADIOVALLE A TODO FILISPÍN

Están a punto de rematar os guións para o programa de radio que os titores de 5º e titorandos de 3º preparan na biblioteca...
Chistes, adiviñas, curiosidades, deportes, mascotas...estes son algúns dos temas que están a preparar os rapaces e rapazas para grabar na radio.

 



UNHA PRINCESA EN MOTOCICLETA-CONTACONTOS

Rapazas de 5º de primaria fixeron e representaron co kamishibai o conto de "Unha princesa en motocicleta"...
Yésica, Neus, Laura e Iria na biblioteca cos máis peques