WEB DO COLE

lunes, 25 de marzo de 2019

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO

Hoxe tivemos connosco a Ánxela Loureiro, mestra e escritora ferrolá de literatura infantil e xuvenil, autora do libro  "Choiva de ras" 



Rapaces de 3º e 4º de primaria adentráronse nas trepidantes aventuras de Ramona, a ra máis mona e molona da fraga.
Entre frores e harmonías vivía esta extravagante ra argallando novas rimas e melodías, allea aos trafegos das outras ras pendentes dos ovos e do casorio cos sapos.
Mais, cando o perigo está cerca, Ramona enfróntase con todas as súas armas e comprende que a súa verdadeira función nese momento é salvar os ovos, loitar cos enimigos, solidarizarse cos animais do entorno e, grazas a súa valentía, lograr a armonía do lugar.  






Ánxela amenizou a xornada con preciosas cancións que tod@s acompañaron con ledicia...
Sempre baixo a atenta mirada da Ramona (feita con papel maché) vixiando aos cágados do frasco recén collidos nunha charca...Mesmo parece que vai coller o micro e croar!...
                                 Que ben o pasaron coas cancións de namorados!...
Ao remate, Ánxela asinou os libros de cada un dos rapaces adicándolles unhas palabriñas....
Dani, Laura e Marta, de 6º de Primaria, aproveitaron o intre para facerlle unha breve entrevista para a nosa "Radiovalle"...

                                            MOITÍSIMAS GRAZAS ÁNXELA!

viernes, 15 de marzo de 2019

8 MARZO 2019

                   PROXECTO 8M
"DELAS SEMPRE APRENDEMOS MOITO"
Este ano lembramos a unha decena de artistas, mestras, pintoras, escritoras e activistas que co seu traballo loitaron con forza por un ideal...A igualdade.
A pintora americana Lilla Cabot Perry  realizou este fermoso retrato da súa filla Margaret no ano 1885.
O Título do cadro: “The beginner” ( “A principiante”) 
Interpreta o cadro: Ada (1º Primaria)
Gertrude Kasebier era unha fotógrafa americana, coñecida tamén por ensinar o mundo da fotografía a outras mulleres polo ano 1890.
Nesta foto súa vemos á india Zitkala-Sa que naceu na Reserva Sioux de Dacota e foi escritora, violinista e activista sioux. Escribiu artículos apoiando aos indíxenas americanos.
Interpreta a foto: Angélika (5º Primaria)

Sophie Anderson foi unha  importante pintora británica, eran famosos os seus retratos de nenos e nenas.
Este óleo titúlase “A pequeña encaixeira” tamén coñécese como “Concentración”.
Interpreta o cadro: Claudia (4º Infantil)
Elisabeth Vigée, pintora francesa do século XVIII.
Era unha famosa retratista e os seus  cadros pódense atopar en moitos museos de Europa.
Este é un fermoso retrato da súa filla Julie mirándose nun espello. 
Interpreta o cadro: Claudia (4º Primaria)


A pintora francesa Marie Genevieve Bouliard pintou este retrato de “ Alexandre Lenoir” (Creador do Museo dos monumentos franceses).
Interpreta o cadro: Pablo Roca (2º ESO)

   




Helen Keller foi unha escritora, oradora e activista política sordociega estadounidense. Aos 19 meses perde a visión e a audición. 
Estivo incontrolable durante algún tempo ata que, aos sete anos, os seus pais deciden buscar unha especialista, Anne Sullivan, tamén cega, que encargouse da súa formación e logrou avances espectaculares.

Helen foi a primeira persoa sordocega en obter un título universitario. Activista incasable, loitou polos dereitos das persoas con discapacidades realizando viaxes por todo o mundo dando conferencias.




 
Concepción Arenal Ponte, feminista ferrolana que foi visitadora de prisións, licenciada en Dereito, periodista, escritora e pioneira no feminismo español.
Ao longo da súa vida e obra denunciou a situación das cárceres de homes e mulleres, a miseria nas casas de saúde ou a mendicidade e a condición da muller no século XIX.
Alumn@s de 6º de Primaria amosaron a escolma de mulleres co kamishibai para o resto de compañeiros na biblioteca...
 




miércoles, 13 de marzo de 2019

OS ELECTRECOS NA BIBLIOTECA

Hoxe visitounos Atomilla acompañada dos electrecos para ensinar aos rapaces de 1º,2º e 3º de primaria todo o relacionado co reciclaxe dos aparellos eléctricos e electrónicos...
Atomilla (Irene), explicounos o significado das siglas Raee: Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.
Tamén amosounos debuxos dos electrecos e un divertido concurso para entender un chisquiño máis o reciclaxe contestando a todas as interesantes preguntas.
 Pero Atomilla non veu soa, trouxo con ela unha amiga lavadora e dentro dela apareceu ecoPili, que forma parte dos electrecos para ensinar o que hai que facer cos raee (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos)
 Para finalizar, Atomilla ensinounos a bailar e cantar este rap tan divertido...


                                               Coida do planeta
                                recicla os raee

                                Que son os raee?
                                Que son os raee?

                                Residuos de aparellos
                                eléctricos e electrónicos

  MOITAS GRAZAS ATOMILLA-IRENE POR OS AGASALLOS E POR O TEU BO TRABALLO PARA CONCIENCIAR NO RECICLAXE...
                         ... ENCIMA PASÁMOLO MOI BEN!

Se queredes pertencer ao movemento Raee cos electrecos podedes facer o carnet entrando no seguinte enlace: http://www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas/