WEB DO COLE

jueves, 31 de enero de 2019

TEATRIÑO- O PARRULIÑO FEO

Doce voluntarios de 6º de Primaria foron os encargados esta semana de contar o "Parruliño feo" para os máis peques...
Como vedes estiveron atentísimos ante a excelente representación coas marionetas do teatriño da profe Mercedes.


miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS...

 


UNHA MOREA DE MANS, FRORES E PLANTIÑAS  FEITAS POR NEN@S DE INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA PARA CELEBRAR ESTE PRECIOSO DÍA
PAZ


sábado, 26 de enero de 2019

ACTIVIDADE TEI 2º TRIMESTRE

Comenzamos este trimestre cunha nova actividade na biblioteca do Programa TEI (Titoría Entre Iguais) con alumn@s de 5º e 3º de primaria...

 

Nesta ocasión titores e titorandos deseñan un cartel para participar  no concurso de carteis para o 8 de marzo "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"...


O concurso está convocado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia, a través da creación dun cartel que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre estereotipos de xénero que aínda existen, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. 
Tedes aquí as bases do concurso...CONCURSO CARTEIS 8 DE MARZO









Na segunda sesión TEI quedaron rematados algúns carteis para o 8M...
 

 


CONTO - XOGANDO CON GATOS

Esta semana volvemos xogar cos gatos na biblioteca...

 Hugo, Sara e Xabi, de 5º de primaria, amosaron o seu traballo o martes aos pequerrechos de infantil...
E o xoves o interpretaron para os rapaces de 1º e 2º de primaria.


lunes, 21 de enero de 2019

FORMACIÓN DE RADIO

Hoxe iniciamos os profes un curso de formación sobre a radio na biblioteca impartido por Serxio Pascual...

Ao inicio do curso, solicitamos axudas a través do PLAMBE para crear a radio na biblioteca. Xa temos parte do equipamento e agora temos que formarnos para poder participar en dita convocatoria.
Serxio recibiu o Premio Internacional CEMEX-TEC 2018 co seu proxecto de "Laboratorio de Radio". Tamén recibiu o Premio Jóvenes Emprendedores sociales 2017.
 Na súa web: https://www.laboratorioderadio.com/ podedes ollar o seu traballo.
Agora tócanos a nós aprender, programar e coordinar para iniciar esta divertida e interesante aventura radiofónica dende a biblioteca.
                   SEGURO QUE VOS VAI ENTUSIARMAR!!!

Podedes ollar o vídeo de Serxio Pascual no que explica o seu proxecto...


jueves, 17 de enero de 2019

CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES


Alumn@s de 6º de primaria contan na biblioteca a historia dalgunhas protagonistas deste maravilloso libro co Kamishibai...O martes aos pequerrechos de Infantil...
E hoxe xoves, amosaron o seu traballo aos compañeiros de 1º, 2º e 3º de primaria...


Podedes ollar o vídeo que amosa a Editorial Planeta Libros
 

Investigamos un pouquiño sobre as autoras deste fantástico libro ...

Elena Favilli
Francesca Cavallo



Elena Favilli é periodista. Traballou para a revista Colors, para McSweeney's, para RAI, para Il Post y La Repubblica, ademáis de dirixir redacións de medios dixitais en ambos lados do Atlántico. Ten unha maestría en Semiótica pola Universidade de Boloña (Italia) e estudou Periodismo Dixital na Universidade de California en Berkeley. No 2011, creou a primeira revista infantil para iPad, Timbuktu. Asimesmo, é fundadora e CEO de Timbuktu Labs.

Francesca Cavallo é escritora e directora de teatro. As súas obras premiadas foron postas en escea en toda Europa. Ademáis de ser unha innovadora social apasioada, Francesca é fundadora de Sfarracavalli, Festival Internacional de Imaxinación Sustentable do Sur de Italia. No 2011, Francesca xuntouse con Elena Favilli para fundar Timbuktu Labs, como directora creativa. "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" é o seu su sétimo libro infantil.
(Reseña do blog bookstrend)
Aquí tedes o Book trailer do libro...
En breve poderemos disfrutar na biblioteca da segunda parte...

Neste segundo libro poderemos ver a máis mulleres extraordinarias como Nefertiti, Nina Simone, Beyoncé, J.K. Rowling...Rapaces e rapazas de 6º xa están a diseñar un novo kamishibai que axiña amosarán ao resto de compañeir@s de primaria.