WEB DO COLE

jueves, 31 de mayo de 2018

CONCURSO "FERROL NO TEMPO"

Dende o equipo da biblioteca propoñémosvos este orixinal concurso para o Proxecto Terra: O Barrio da Magdalena...
Consiste en escoller unha foto antiga do barrio, imprimila en B/N e levala a ese mesmo lugar escollido para facer unha foto  superpoñendo o antigo ao actual como nas seguintes que fixemos como exemplo...





Sabemos que son unhas datas complicadas pola cantidade de traballo que tedes pero, se dades un paseíño polo barrio coa idea de facelo, tede por seguro que ides pasar un rato divertido.
Ánimo e preparade ese pulso!!! 
Premiarase a participación e a composición das fotos e logo faremos unha exposición con todas polos corredores do cole.


Actualizo esta entrada o xoves 7 co plastificado e a exposición polo corredor de Primaria cos alumn@s de 4º...

martes, 29 de mayo de 2018

DE VISITA CO PROXECTO "ELAS SEMPRE PINTAN MOITO"

Hoxe fomos de visita a dous centros de Ferrol co noso kamishibai e o proxecto"Elas sempre pintan moito" 
En primeiro lugar visitamos o Centro de día de Menores de Ferrol. Os nosos voluntarios mostraron o kamishibai co proxecto das pintoras, explicaron como fixeron a interpretación dos autorretratos e leron as poesías realizadas por eles mesmos e os seus compañeiros...
Os voluntarios de primaria tamén contaron dous contos elaborados por eles no seu Traballo cooperativo levado a cabo na aula, "O rato Pérez" e "O raposo e o corvo"
E do centro de menores fomos camiñando co noso teatriño de papel ata a Residencia Mi casa...




Entrañable xornada a de hoxe que lembraremos con moito cariño. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que puxemos moita ilusión e que esperamos continuar o vindeiro curso con novos proxectos.
MOITAS GRAZAS A TODO O PERSONAL DO CENTRO DE MENORES E DA RESIDENCIA POLA BOA ACOLLIDA E COLABORACIÓN QUE RECIBEMOS. 
                       VEREMONOS PRONTO!!!












martes, 22 de mayo de 2018

RAMÓN MONTERO CEREIJO - BARRIO DA MAGDALENA

          Como sabedes, este ano adicamos o noso proxecto Terra: O Dereito ao teu hábitat, ao Barrio da Magdalena.
E de novo contamos coa presenza do Presidente da Delegación en Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos, Ramón Montero Cereijo, que xa estivera na nosa biblioteca o curso pasado para darnos a súa visión dos barrios de Ferrol Vello e Canido

 Falounos dos inicios da creación do barrio da Magdalena ata os nosos días. Tres séculos de historia de edificios concentrados nun barrio e na súa contorna a raíz da retirada da muralla que o rodeaba.
Ferrol é o primeiro lugar onde aparecen as galerías nos edificios. Idea copiada dos barcos e galeones da época que tiñan na parte de atrás unha galería na sala do capitán. Os edificios do s.XVIII non tiñan galerías pero os do s.XIX si.


Coas galerías as casas gañaron en confort. Fan un efecto invernadeiro que consegue máis calor no inverno no interior da casa e máis ventilación no verán.

 


No s.XX co estilo Modernista de Rodolfo Ucha, as fachadas dos edificios énchense de moitos detalles: flores, folliñas, dragóns, anxos, caras, águias, pombas... O obxectivo do Modernismo era integrar a natureza na arquitectura...

Cara no edificio da casa Romero, preto do teatro Jofre, copia doutra que hai nun edificio de New York. Feita como guiño as caras da fachada do teatro...
 Detalle dos anxos que hai no edificio do BBVA na plaza de España...
Outra curiosidade da que falou Ramón, é o detalle deste chamador con forma de man agarrando unha manzá, situada nun portal da rúa Dolores preto da praza de Amboage.
Ramón deixounos este precioso traballo que nos quedará como lembranza da súa visita...

Interesante e completa visión do noso barrio da Magdalena.
En nome de tod@s os alumnos e profes, dámoste as grazas pola túa valiosa colaboración, e tamén aos compañeiros familiares teus que fixeron posible esta interesante visita de hoxe na biblioteca.
                     VOLVEREMOS A VERNOS!?

martes, 15 de mayo de 2018

GRUPO ETNOGRÁFICO "DAS MARIÑAS"

Seguimos a festexar estes días con música, baile e cantos populares co grupo etnográfico "Das Mariñas" de Ferrol... 
Xuntámonos no patio todo o alumnado e profesorado para disfrutar do precioso espectáculo ofrecido polo grupo "Das Mariñas".
En primeiro lugar bailaron unha "Jota de Recelle", recollida en 1982 polo propio grupo na aldea de Recelle...
 Na seguinte actuación Manuela volveu a sorprendernos... Xa nos encantou vela onte con Óscar tocando a zanfona, e hoxe quedamos abraiados con esta historia...
A zanfona de María Rosa do Val é unha historia dunha cega de Pontevedra que ía coa súa neta percorrendo as vilas e pobos tocando a zanfona, recitando e pedindo limosna.
Vaia historia fermosa e que ben contada!!! Encantounos a tod@s!!! 
A continuación escoitamos ás pandereteiras...
E por último, bailaron unha Muñeira Reponteada, recollida en Laxe, na Costa da Morte...



En nome de tod@s dou as grazas ao Grupo "Das Mariñas" por darnos a coñecer a riqueza etnográfica e folklórica que temos na nosa terra.
Moitas grazas a María, Óscar e Dolores, pais e nais que nos fan disfrutar co seu bo facer dende a ANPA....E o ben que bailan!!!
E unhas grazas especiais a Manuela...unha xoia, querémoste!!!