WEB DO COLE

jueves, 26 de abril de 2018

CLUB DE LECTURA CON MARÍA CANOSA NA BIBLIOTECA

Comezamos o día coa visita dunha das nosas autoras preferidas, María Canosa, que repite un ano máis na nosa biblioteca para ledicia de todos...

Aproveitamos a visita de María para iniciar o club de lectura cos rapaces de 1º de Primaria que leron o seu libro titulado "O día que choveu do revés". Unha fantástica historia
que narra o eterno conflito entre as nubes e o Sol, que nalgunhas ocasións remata en tremendas treboadas e noutras en longas esperas pola chuvia...pero nese momento preciso é cando hai que actuar e aplicar solucións imaxinativas e enxeñosas que consegan calmar as augas e que as cousas volvan á normalidade...que chova con xeito...

Os seguintes en formar o club de lectura foron os alumnos de 4º de Primaria que leron o libro titulado  "A cazadora de estrelas" 


Trata das aventuras dunha personaxe valente e atractiva chamada Megumi que ademáis é unha excepcional cazadora de estrelas, unha magnífica tiradora e amazona, pero ante todo, é un exemplo de dignidade.

E como temos entre nós un pequeno-gran escritor, lembramos con María o primeiro libro editado do noso alumno Alex González Meizoso, "El pastelón"
O club de lectura de 5º de Primaria foi moi dinámico e tamén o máis numeroso. Eles leron "Muriel" (Premio Merlín de Literatura Infantil 2017)

Con este libro, María Canosa, amosa a súa sensibilidade creativa e a súa gran capacidade de imaxinación para meterse na pel dun neno que pasa por un tempo de melancolía tras a desaparición da súa avoa.



MOITAS GRAZAS MARÍA!
É UN PRACER LER AS TÚAS OBRAS!








miércoles, 25 de abril de 2018

GRISELA - KAMISHIBAI DE 6º DE PRIMARIA

Estes días visitounos un bichiño entrañable...Grisela
O grupo cooperativo de 6º de Primaria formado por Jose, Olivia, Lucía e André, representaron o conto para os máis pequenos...
Grisela é unha pequena ratiña que un día síntese moi triste, tan triste como a súa pel gris. Para remedialo, decide pintarse de cores alegres, esperando que con elo cambie o seu estado de ánimo, pero non o consegue...Ata que atopa a alguén que fará que deixe a un lado a tristeza para sempre...

Grisela é unha fábula que reflexiona sobre a autoestima e a idea de non cambiar a nosa maneira de ser na procura dunha palabra bonita ou da felicidade nun momento puntual. Reivindica que a verdadeira felicidade alcánzase sempre sendo nós mesmos, e que debemos ser fortes nos momentos de dúbida ou de felicidade.
Este é un dos títulos escollidos da "Maleta da Igualdade" que edita Kalandraka para traballar con el valores sobre a búsqueda da propia identidade e a autoestima.
A ilustradora holandesa Willemien Min ilustra este libro con moita cor, empregando trazos de lápis e un orixinal efecto collage utilizando cachiños de papel sobre fondo branco que fan un efecto visual fantástico
O venres, este mesmo grupo, presentará a Grisela aos rapaces de 1º e 2º de E.P. que seguro seguro estarán encantadísimos de coñecela...PARABENS RAPACES!!!





lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO....ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Son moitas as actividades que fixemos hoxe na biblioteca...
 Os alumnos de 2º de Primaria levaron o venres un libro que hoxe contaron aos seus compañeiros na biblioteca...
 
 
 
Os "padriños" de 6º escolleron libros para os seus "afillados" de 1º de Primaria...
 
 
 
 
Tamén fixeron estas fermosas rosas marcapáxinas...
Rapazas e rapaces de 5º elaboraron, en grupos de traballo cooperativo, unha ficha-resumo do libro que leron na clase dúas semanas antes, "Muriel", de María Canosa, coa que teremos a oportunidade de falar este xoves 26 porque ven visitarnos outro ano máis...Xa veu o ano pasado para falar doutro título seu, "Rubicundo", que tanto éxito tivo entre os rapaces...
 

 


Os de 3º e 4º de Primaria escolleron un dos seus libros favoritos para facer un autorretrato tridimensional con el...

 
 
 SEGUIREMOS TODA A SEMANA A CELEBRAR ESTE DÍA TAN FERMOSO...SEGUIREMOS  A SOÑAR!