WEB DO COLE

jueves, 22 de marzo de 2018

RUTA FERROL EN FEMININO

Hoxe fomos afortunados!
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria puidemos coñecer a historia e a importancia das nosas antergas na cidade de Ferrol e os seus arredores.
A iso das 10:00, chegamos ao Porto onde nos agardaba a nosa guía. Alí comenzamos esta interesante xornada, aprendendo o valor e a dureza das mulleres encargadas de descargar os barcos. Así coñecemos a "Mela, a carboeira" e a labor das augadoras e lavandeiras.
Rimos moito coa historia da rocha coñecida como "O cu da raíña". Anécdota curiosa do pedrusco que se atopa a orillas do castelo da Palma, e que, chámase así porque a raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II, ao desembarcar e poñer o pé na rocha esvarou...E caeu de cu. 
Seguimos polo barrio de Ferrol Vello ata Capitanía e de alí ata o Barrio da Magdalena. Diante do edificio da Fundación explicounos a extraordinaria vida de Concepción Arenal, pioneira no feminismo español. Rematando a nosa andaina pola rúa do seu nome, Concepción Arenal, ata o Antigo Hospital de Caridade, para lembrar as mulleres que axudaron a soster e dar vida e saúde aos demáis, incluíndo as amas de cría e as mulleres que antendían enfermos de forma altruísta.
Sen dúbida, foi esta unha xornada marabillosa. Agora, seremos quen de ver a nosa historia dun xeito diferente, dende o punto de vista "Feminino".

miércoles, 21 de marzo de 2018

VISITA DE PROFESORES GALESES

Hoy recibimos en nuestro cole a un grupo de 6 profesores/as de primaria procedentes de Gales, que gracias al proyecto Erasmus+, visitaron Ferrol con fines docentes y de formación, a través de CFR (Centro de Formación y Recursos)
El objetivo de su visita era conocer in situ los proyectos que llevamos a cabo en el colegio con el aprendizaje cooperativo en E. Infantil y en E. Primaria.
En la biblioteca presenciaron una sesión de cuentacuentos con el kamishibai para los niños de infantil.
Aquí vemos a Denís y a Josué explicando los dibujos que hicieron para su "Pinocho pirata"
A Quique y a Yésica les tocó comentar los simpáticos dibujos de "O raposo e o corvo"
 Estos dos grupos de 3º de Primaria, a través de la dinámica del "folio giratorio" elaboraron esta preciosa interpretación basada en el libro Cámbiache o conto! de Pinto&Chinto . El producto final de su trabajo cooperativo lo mostraron con gracia a todos los peques y a los profesores galeses...Incluso se animaron a leerlo en inglés, puesto que el texto, en el reverso de las láminas, está en los tres idiomas, castellano, gallego e inglés. 
Fue un placer y una interesante experiencia compartir nuestro trabajo con los profesores galeses. 
Simpáticos abridores imanes de Artenchapas como recuerdo para nuestros colegas galeses. El dibujo, interpretación del makako de Ferrol Mola, lo realizó Víctor González Muíños, alumno de infantil de 5 años.
Mercedes Prin, nuestra profe de Infantil es la coordinadora del proyecto Aprendizaje Cooperativo y una de las encargadas de formar en el CFR a los 13 maestros procedentes de Gales.


jueves, 15 de marzo de 2018

AXENTE RICIÑOS - CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Os pequerrechos de E.Infantil tiveron a visita na biblioteca do fabuloso contacontos Iago.
A profe Mercedes Prin fixo este vídeo do máxico momento...

Publica Xerais a deliciosa tradución deste libro de El Hematocrítico con ilustracións de Alberto Vázquez: Axente Riciños é en realidade unha nena, a nena máis curiosa, destemida e lista do bosque... e o seus arredores. Sexa o que sexa o que poida ocorrer, alí está ela, solucionando todos os casos dos contos clásicos que nos serán ben doados de recoñecer. Non terá que traballar para a policía, aínda que mesmo poderá ter un traxe de superheroína. O máis importante é que contra ela ningún "malo" está libre de castigo. E os contos poderán reescribirse. Chegará a se converter no terror dos personaxes que poboan os diferentes países e continentes dos contos clásicos, eliminando deles calquera ton edulcorado que os puidese envolver.
Axente Riciños, ilustrada, non é a típica nena doce-princesiña pero si será a nena xusta e espabilada que queremos ter ao noso carón. Coas ilustracións compartiremos á perfección a sorpresa de todos os personaxes de sobra coñecidos e a incredulidade que provoca que as accións que antes sabiamos finais agora non chegan nin a principiarse.
Unha divertida reinterpretación.

jueves, 8 de marzo de 2018

ELAS SEMPRE PINTAN MOITO - PROXECTO 8 DE MARZO

                         KAMISHIBAI DIXITAL EN CALAMEO
 Durante esta semana, na biblioteca, o noso kamishibai abrirase para amosar o noso traballo adicado ás pintoras, que dende a Prehistoria ata os nosos días traballaron e traballan no que máis lles gustaba e gusta facer na vida...pintar
Paula, Luisa, Rubén e Zoe, alumnos de 6º de Primaria comentan as fotos e len as poesías feitas para os pequerrechos...
Nesta foto vemos á profe Mercedes identificando a cada un dos "Cavernícolas" protagonistas de infantil que representaron ás mulleres e homes que pintaron na Prehistoria...
...e logo tocoulle a ela ser identificada, cousa difícil porque é cuspidiña á pintora Sofonisba Anguissola, non si? 
 
 
Os rapaces estiveron moi atentos aos comentarios de Paula e a todos os detalles que lles chamaban a atención dos cadros e das fotos...
Neste outro vídeo Zoe levántase para que a vexan ben os rapaces antes de ler a poesía adicada á pintora Lita Cabellut, autora deste retrato tan fermoso de Frida kahlo que recrea a propia Zoe...
Como son moitos os participantes neste proxecto, fixemos estoutro vídeo con todos eles...
Por uns intres, na biblioteca, retrocedemos no tempo cos sombreiros dunha colección familiar cedidos para recrear a época das "Sinsombrero", aquelas valentes mulleres artistas e pensadoras, como a nosa paisana Maruja Mallo, artistas da xeración do 27, que polo seu xesto de quitarse o sombreiro foron insultadas e apedreadas...

Os alumn@s de Secundaria tamén fixeron unha emotiva presentación do proxecto...
A "Negra sombra" da nosa Rosalía de Castro cantada para todas "VAI POR ELAS!!! 





Ao remate, a profesora Angélica, dando as grazas aos voluntari@s pola súa colaboración e bo facer para transmitir, sensibilizar e concienciar sobre a igualdade...Vós sodes o futuro!
Aquí tedes o precioso traballo de Ullío: Powerpoint-8 de marzo
Se queredes ollar os preparativos e outros vídeos podedes premer nos enlaces seguintes:
Blog de 5º de Primaria
Seguiremos engadindo actividades ao noso proxecto: A vindeira semana temos previsto facer a ruta Ferrol en Feminino tras os pasos de Concepción Arenal, recorreremos as rúas de Ferrol comenzando no peirao de Curuxeiras onde traballaban as carboeiras do porto, lembraremos tamén as lavandeiras, augadoras, raíñas, científicas, escritoras e intelectuais ferrolanas de todos os tempos que merecen ser recoñecidas e valoradas. E cando o tempo o permita, dende o Taller de artes da ANPA, pintaranse no muro do patio varias obras de Maruja Mallo.

Dende o equipo da biblioteca queremos dar as grazas a Ángeles Caso, Lita Cabellut, Eduardo Blanco, Fundación Abanca, AEPE (Asociación Española de Pintores y Escultores), GALANTIQUA ARTE, Nova Galicia Edicións, CFR, IES Leixa, ANPA, familias, profesores e, como non, a tod@s os alumn@s participantes e colaboradores neste fermoso proxecto.  



                                                 


Especial agradecemento ao IES Leixa pola súa colaboración na elaboración dos paneis coa reprodución das láminas do kamishibai sobre cartón pluma que xa están expostos na entrada do colexio.

Con estes paneis completamos o noso proxecto cunha proposta de actividades deseñadas para todos os niveis educativos.







jueves, 1 de marzo de 2018

RUBICUNDO DE NOVO NA BIBLIOTECA

Esta semana, alumnos de 4º de primaria, representaron o conto "Rubicundo" de María Canosa para os peques de Infantil e para os de 1º e 2º de Primaria...
 Xabi e Angélica contaron as aventuras de Erea e Rubicundo aos nenos e nenas de Infantil. Antonio e Dani representaron o conto para os de 1º e 2º de Primaria...
Lembramos a VISITA DE MARÍA CANOSA no curso pasado
No mes de abril volveremos a ver a María Canosa na biblioteca.