WEB DO COLE

jueves, 28 de septiembre de 2017

VISITA DE MEMBROS DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS

   Para conmemorar o Día Internacional das Persoas Xordas sábado 30 de setembro, recibimos hoxe, na biblioteca, a visita de dous membros da Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia.
En primeiro lugar, Emma e a súa guía intérprete, amosaron na lingua de signos aos rapaces e mestras de E. Infantil un conto...

 

Xa na biblioteca, en diferentes quendas, fixeron unha maravillosa campaña de sensibilización cos rapaces de E. Primaria...



Tamén asistiron a esta campaña de sensibilización os cursos de 1º e 2º da ESO cos seus respectivos titores...

Con esta campaña preténdese sensibilizar e reflexionar sobre a invisibilidade das persoas xordas, a loita na eliminación das barreiras de comunicación e a defensa da Lingua de Signos.
A poñernos tod@s no seu lugar!
Aquí tedes máis información:Asociación de persoas xordas de Ferrol
MOITAS GRAZAS EMMA!










miércoles, 27 de septiembre de 2017

BENVIDA AO NOVO CURSO




Comenza o novo curso cunha serie de propostas dende a biblioteca:
        1º TRIMESTRE - PROPOSTA DE ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
1º➤ Actividades de Formación de Usuarios: Os cursos de Infantil, 1º,2º,3ºe 4º...poderán descargalas no blog da biblioteca http://bibliotecadovalle.blogspot.com.es/ . Os voluntarios de 5º e 6º informarán ao resto de compañeiros das normas e uso da biblioteca.
2º➤ Nomear voluntarios Contacontos nos cursos de 3º,4º,5º e 6º 
           . Voluntarios de 3º e 5º contarán aos de 3 e 5 anos
           . Voluntarios de 4º e 6º          “          “    “  4 anos, 1º e  2º Primaria
A sesión de contacontos farase no tempo de lectura de Primaria, de 12 a 12:20 na biblioteca. Os voluntarios irán por parellas a buscar aos rapaces ás aulas e levaránnos  á biblioteca acompañados polo titor/a correspondente. As quendas da sesión de contacontos quedarán do seguinte xeito:
TODOS OS LUNS de 12 a 12:20.............3º e 5º de Primaria levan aos de 3anos
                    MARTES de 12 a 12:20........4º e 6º de Primaria levan aos de 4anos
                    MÉRCORES de 12 a 12:20..3º e 5º de Primaria levan aos de 5anos
                    XOVES de 12 a 12:20...........4º e 6º de Primaria levan aos de 1º Primaria
                    VENRES de 12  12:20...........4º e 6º de Primaria levan aos de 2º Primaria
    Estas sesións de contacontos poderán manterse ó longo do curso eses mesmos días e co mesmo reparto de cursos, os únicos que cambiarían son os voluntarios, que poden turnarse según critreio do titor/a.
                           CONTOS DO 1º TRIMESTRE: 
OUTUBRO:
1º SEMANA:  2 ao 6…Matrianuska
2ª     “            16 ao 20…A xiganta e as fadas
3ª     “            23 ao 27…Os ananos do bosque

NOVEMBRO:
1ª SEMANA:  6 ao 10…A camiseta do capitán
2ª        “         13 ao 17…Kamishibai: Pescadito pescadito
3ª        “         20 ao 24…O parruliño feo
4ª        “         27 ao 1…  Kamishibai: A galiña azul

DECEMBRO:
SEMANA do 11 ao 15….O avó e a cenoria
        “             18 ao 22… Kamishibai: Que contan as ovellas para durmir?

3º➤Deseño –elaboración de murais no corredor da biblioteca-

4º➤ Concursos: “Galiciencia 2017”, “Mascota para o camino escolar seguro” e “Vuelta al cole con el equipo Repsol” (Colaboración coa ANPA)

5º➤Visitas: Asociación de xordos: Co gallo da celebración do Día Internacional das Persoas Xordas, o sábado 30 de setembro, teremos a oportunidade de disfrutar da visita dos membros da Asociación de xordos na nosa biblioteca o día 28, xoves:
   .- Ed. Infantil: Contacontos en lingua de signos, de 10:00 a 10:30
   .- 1º,2º e 3º Ed. Primaria: Campaña de sensibilización, de 10:30 a 11:15
   .- 4º,5º e 6º Ed. Primaria:      “            “           “                de 11:15 a 12:15
   .- 1º e 2º da ESO                     “            “           “                de 12:15 a 13:00

6º➤Unha das actividades que propón este ano a nova ANPA en colaboración coa biblioteca escolar é o Club de Letras, que consistirá na realización de diferentes actividades para todos os niveis: teatrillos, contacontos, concursos, kamishibai, etc.
 Esperemos que teña éxito esta nova e interesante iniciativa e dende o equipo da biblioteca animámovos a participar.

7º➤ Actividade de presentación, Programa TEI , entre titores de 5º e titorandos de 3º. Seguindo a dinámica do curso anterior, organizaranse diferentes actividades dentro do programa de Titoría Entre Iguais. Un programa de convivencia baseado no respeto, a empatía e o compromiso co fin de mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta.