Sesión de contacontos para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, coa compañía Trémola Teatro que oferta o Concello de Ferrol a través da Concellería de Muller e Igualdade co obxectivo de romper os estereotipos de que as ensinanzas científicas ou/e tecnolóxicas son para o sexo masculino.
Na biblioteca, Yoli, falounos das profesións. A rapazada enseguida empezou a falar do que querían ser de maiores: Futbolistas! Tik Toker! Médico!...
-Pois eu quero ser CAMIONEIRA!!...Dixo Yoli
-Camioneira? - Yoli quere ser camioneira!
Todos comentaron que iso é un traballo de chicos. Pero a ela non lle importa, quere ser camioneira e percorrer o mundo enteiro...
MARABILLOSO CONTACONTOS POLA IGUALDADE!!!