domingo, 28 de febrero de 2021

ÚLTIMA REUNIÓN PROXECTO: "O PATIO DO MEU COLE É PARTICULAR"

 O pasado xoves 25, na biblioteca, o grupo de traballo do proxecto  "O patio do meu cole é particular",  tivo a última reunión coa asesora Olga Romasanta para dar un último impulso á planificación e execución das novas ideas a incorporar no noso patio escolar...

Unha vez que amosamos a presentación ao alumnado e ao profesorado cunha chea de posibles ideas, fixemos unha ficha de unificación das ideas escollidas e as zonas posibles de ubicación das mesmas. Unha vez analizada a ficha, priorizamos as ideas viables a realizar durante este curso e planificamos o xeito de levar a cabo.

Con moita ilusión os rapaces e rapazas fixeron unha xeitosa maqueta para recrear as diferentes zonas do patio e completalas cos elementos creados por eles mesmos...


CANTA ILUSIÓN...CANTA CREATIVIDADE!

     CONTINUAREMOS INFORMANDO ....


No hay comentarios:

Publicar un comentario